InicioMOV. SOCIAISO PP critica a retirada da liña de autobús urbano no barrio...

O PP critica a retirada da liña de autobús urbano no barrio de Casas Novas

Os veciños reclaman a recuperación da liña 9 ante a falta de servizo durante o verán

Publicado o

Xornal de Compostela

Os concelleiros do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa e María Baleato, reuníronse onte con máis de 30 veciños e veciñas do barrio de Casas Novas para abordar a súa preocupación pola retirada da liña 9 de autobús urbano, que conectaba a Cidade da Cultura coa Praza de Galicia e o propio barrio. A eliminación deste servizo, que deixou á veciñanza sen transporte público durante todo o verán, foi cualificada polos edís populares como “un acto de tiranía” por parte do BNG.

A modificación do percorrido foi realizada, segundo denuncian os populares, “de forma autoritaria” e sen consultar cos afectados. María Baleato criticou que, a pesar de que a liña 4 foi supostamente redirixida para cubrir o percorrido de Casas Novas, “a realidade é que isto non está sucedendo”. Segundo a concelleira, a medida foi implementada “de forma informal, sen previo aviso e sen constancia na información que manexa TRALUSA”, a empresa encargada do servizo de autobuses.

Adrián Villa afondou na crítica, cualificando de “desleixo e falta de respecto” a actuación do BNG, que deixou ao barrio sen servizo de transporte en pleno verán e ante a proximidade do mes de setembro, cando se incrementa a necesidade de transporte para escolares e persoas maiores. “Os nacionalistas non cumpriron coa súa obriga de buscar as mellores alternativas para o transporte público mentres duraban as obras no Pombal”, afirmou Villa.

Os populares anunciaron que solicitarán formalmente a recuperación da liña 9 e instaron ao BNG a rectificar e a garantir un servizo de transporte público que, segundo Villa, foi eliminado de forma “opaca e improvisada”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here