InicioSOCIEDADEFalece María Belén López Meirama, profesora da Facultade de Filoloxía da USC

Falece María Belén López Meirama, profesora da Facultade de Filoloxía da USC

O falecemento tivo lugar nas últimas horas de forma repentina

Publicado o

Xornal de Compostela

María Belén López Meirama, directora do Departamento de Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral da Facultade de Filoloxía en Santiago, faleceu nas últimas horas de forma repentina.

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a facultade na que traballaba trasladan, nun comunicado, o seu “profundo pesar” por esta morte que “se fai especialmente desoladora” para a integrantes da área de Lingua Española, da que era profesora titular.

“A dedicación académica e persoal de Belén valeulle o fondo recoñecemento e afecto de discípulos e compañeiros”, subliña a universidade, quen destaca a súa carreira investigadora ao redor da sintaxe, o léxico do castelán en Galicia e as construcións fraseológicas.

Ademais, López Meirama participou en varios proxectos de investigación con colegas das áreas de Filoloxía Alemá, Española e Galega. “Foi unha docente comprometida que sempre tratou de transmitir a súa saber ás xeracións máis novas”, subliñan desde a facultade da que foi vicedecana entre os anos 2012 e 2016.

A comunidade do centro “únese á súa familia e ás súas amizades na inmensa dor provocada pola súa morte”. “Deixa en nós e na nosa memoria o seu exemplo de rigor, compromiso e xenerosidade”, conclúe o comunicado.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda comeza a desmontarse no Obradoiro

A acampada pola vivenda de Santiago de Compostela iniciou a recollida e reorganización do...

Denuncian no Obradoiro que a Policía acurralou e golpeou manifestantes tras a marcha do 11N

Unha trintena de persoas concentrouse este sábado na praza do Obradoiro, en Santiago de...

Feijóo promete en Santiago que “non volverá haber corrupción” se goberna o PP en España

Alberto Núñez Feijóo comprometeuse este sábado no Multiusos Fontes do Sar a impulsar a construción...

O PSdeG apela ao voto útil nun encontro con cargos públicos da comarca de Santiago

Os candidatos socialistas Sindo Guinarte e Ana Alvite reuníronse este sábado con cargos públicos...

Condenados a máis de 4 anos de prisión por prender lume a unha discoteca de Santiago con 200 persoas dentro por non deixalos entrar

O que comezou como unha negativa a permitir a entrada nun local de ocio...

O maquinista do Alvia evita polo de agora o cárcere á espera da decisión sobre o indulto

A xuíza María Elena Fernández Currás accedeu a suspender o cumprimento da pena de...

A muller que apuñalou a un home en Ames en febreiro acepta tratar o seu consumo de drogas a cambio de non ir a...

A muller acusada de tentativa de homicidio por apuñalar un home en Bertamiráns, en...