InicioSANTIAGOAMESAs obras do colexio do Milladoiro empezarán a comezos de 2025 para...

As obras do colexio do Milladoiro empezarán a comezos de 2025 para estar listo no curso 2026/27

Así, segundo trasladaron ambas as administracións nun comunicado conxunto, a previsión é licitar este verán o contrato de construción do CEIP do Milladoiro

Publicado o

Xornal de Compostela

As obras do novo colexio público do Milladoiro, no municipio coruñés de Ames, empezarán a comezos do ano 2025 co obxectivo de que estean listas para a súa entrada en funcionamento de face ao curso 2026/27.

Este xoves, o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidade e FP, Román Rodríguez, e e o alcalde de Ames, Blas García, mantiveron un encontro para abordar a planificación deste novo centro.

Así, segundo trasladaron ambas as administracións nun comunicado conxunto, a previsión é licitar este verán o contrato de construción do CEIP do Milladoiro.

En total, a Xunta destinará 10,1 millóns de euros para un centro que acollerá a 450 alumnos e que se converterá no primeiro en ser construído cos criterios establecidos no Paln de Nova Arquitectura Pedogóxica.

Ademais deste novo colexio, creado ante o incremento de poboación da localidade amense, Xunta e concello proxectan a ampliación do CEIP Agra do Muíño, onde se invisten 3,3 millóns nunhas obras que están ao 65% completadas.

Así mesmo, tamén comezará proximamente a remodelación da cuberta do CEIP de Barouta, onde a Administración autonómica inviste 150.000 euros. A previsión da Xunta é que ambas as actuacións estean listas para o comezo do novo curso a partir de setembro.

XORNADA I+D+i

Tamén este xoves, o conselleiro de Educación clausurou unha xornada sobre I+D+i celebrada en Santiago baixo a organización do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Innovación e a Axencia Galega de Innovación.

Alí, segundo recolle un comunicado do Goberno galego, Rodríguez destacou os 308 proxectos apoiados por CDTI en Galicia no últimos cinco anos que mobilizaron 186 millóns de euros.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Ames estrea o documental ‘8M A Voces’ no acto central do Día Internacional da Muller

O Concello de Ames celebrou este sábado o acto central de conmemoración do 8...

Santiago aprobará destinar un piso municipal a recurso habitacional para mulleres vítimas de violencia de xénero e persoas LGBTIQ+

O Concello de Santiago aprobará na próxima reunión da Xunta de Goberno local que...

Ames organiza o espectáculo ‘Garavanciña’ de Migallas Teatro dentro da programación do programa Apego

O programa Apego continúa a desenvolver a súa programación de actividades para o primeiro...