O coordinador científico do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela (USC), José Ángel Docobo, apuntou que a onda de calor que está a experimentar Santiago non supera a “marca rexistrada” de 40º o 20 de xullo de 1990.
A USC trasladou en nota de prensa, a análise de Docobo dos últimos veráns na capital galega, apuntando a que a actual é unha onda de calor longa, pero “tivéronse bastante peores anos atrás, con rexistros asfixiante”.
Nesta liña, tomando como referencia só as últimas décadas, e considerando “unicamente os casos máis severos”, o profesor destaca o sucedido durante as ondas de calor de xullo de 1990, “marca na cidade con 40º”.
Así mesmo, agosto de 2003 foi un mes moi caloroso con 14 días por encima do trinta graos, destacando os días 6 (37º2), 7 (38º5), 8 (38º7), 9 (33º3), 11 (34º5), e sobre todo o día 12 con 39º7. En xullo de 2006, outra onda de calor trouxo valores intensos desde o día 9 (30º3), pasando polo 10 (33º2), 13 (30º9), 14 (34º4), 15 (35º6), 16 (36º), e ata o 17 (38º7).
En maio de 2020 pasouse dos 30 graos en catro xornadas, con 33º2 o día 28; mentres que o primeiro terzo do mes de outubro de 2023, rexistráronse máximas superiores aos 30 graos en cinco días, destacando os 32º3 do día 7. “Tampouco hai que esquecer os días de forte calor de finais de xuño de leste mesmo ano 2025 con 35º5 o día 29, 34º2 o día 30 e 34º0, o 28”, lembrou Docobo.
“Como curiosidade cabe dicir que aínda que o normal é que as máximas do ano teñan lugar nos meses de xullo e agosto, puntualmente estas teñen sucedido en xuño (como no 2000), setembro (ano 2009), e mesmo en maio (ano 2019)”, sinalou o coordinador científico do Observatorio.
En canto ás precipitacións, este ano medíronse 29,4 l/m2 en xuño e 12,3 l/m2 en xullo, e de momento nada en agosto. O último día que choveu en xuño foi o 25, con 2,8l/m2. En xullo case toda a llucia caeu a noite do 19 ao 20, con 11,7 l/m2.