InicioSen categorizarO simposio "O libro e a lectura" analizará no Consello da Cultura...

O simposio “O libro e a lectura” analizará no Consello da Cultura Galega a presenza do libro galego nas librarías

O evento profesional terá lugar o 18 de setembro en Santiago e debaterá sobre novas estratexias de comercialización

Publicado o

Xornal de Compostela

A Asociación Galega de Editoras, en colaboración co Consello da Cultura Galega e a Xunta de Galicia, organiza o XXI Simposio O libro e a lectura, que terá lugar o próximo 18 de setembro na biblioteca do Consello da Cultura Galega, situada no Pazo de Raxoi. Este encontro, que se centrará no libro galego nas librarías, busca ofrecer unha análise e diagnose da súa situación actual e visibilidade en Galicia.

O simposio está dirixido principalmente a persoal de editoriais e librarías, aínda que estará aberto ao público ata completar o aforo. A xornada desenvolverase nunha única sesión de mañá e arrancará coa inauguración ás 10:30 horas.

Ás 11:00 horas, terá lugar unha mesa redonda sobre “O libro galego nas librarías”, que contará coa participación de Celia Fernández, secretaria da Federación de Librarías de Galicia, Carlos Blanco, das librarías Nobel, e Henrique Alvarellos, presidente da Asociación Galega de Editoras, quen exercerá como moderador.

Pola súa banda, ás 12:30, celebrarase un panel de experiencias titulado “Novas estratexias de comercialización”. Entre os relatores estarán Gexan Sors, das librarías Elkar, Àurea J. Perellò, das librarías Finestres, e Mariña de Toro, da libraría Numax de Santiago, que compartirán exemplos e propostas para mellorar a presenza e venda do libro galego.

Este simposio busca poñer en valor a industria editorial galega, promovendo un debate sobre como mellorar a súa difusión e comercialización no sector librario.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Erguer convoca unha asemblea na Facultade de Dereito tras a aprobación dos novos horarios do grao

O sindicato estudantil Erguer vén de convocar unha asemblea aberta do estudantado da Facultade...

O PP de Santiago denuncia o deterioro da Rúa do Carballo e reclama actuacións inmediatas

O líder do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, visitou a Rúa do Carballo,...

Compostela inicia a organización dos actos do Orgullo LGBTIQ+ previstos para finais de xuño

O grupo de traballo LGBTIQ+, dependente do Consello Municipal de Igualdade, comezou xa os...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here