InicioSOCIEDADEUn estudo sobre o canco colorrectal do CHUS-IDIS recibe un dos Premios...

Un estudo sobre o canco colorrectal do CHUS-IDIS recibe un dos Premios DISCOVERGI

O proxecto analiza, en condicións de práctica clínica real, a experiencia cun tratamento utilizado en pacientes con cancro colorrectal metastásico que xa recibiron varias liñas terapéuticas

Publicado o

Xornal de Compostela

A doutora Nieves Martínez Lago, do Servizo de Oncoloxía Médica do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS) e investigadora do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), foi recoñecida nos Premios DISCOVERGI por un traballo do estudo BeTAS centrado en pacientes con cancro colorrectal metastásico. 

O proxecto analiza, en condicións de práctica clínica real, a experiencia cun tratamento utilizado en pacientes con cancro colorrectal metastásico que xa recibiran varias liñas terapéuticas. Participaron no estudo un total de 593 pacientes tratados en 19 hospitais españois, o que permitiu coñecer mellor os que poden obter un beneficio especialmente prolongado con esta estratexia. Aproximadamente un de cada cinco pacientes permaneceu polo menos nove meses sen progresión da enfermidade, con resultados de supervivencia moi favorables dentro deste contexto clínico. Estes datos achegan información relevante para comprender mellor a resposta ao tratamento e avanzar cara a unha atención cada vez máis individualizada.

“Este traballo pon tamén de manifesto o valor dos estudos de práctica clínica real, que permiten complementar a información procedente dos ensaios clínicos e coñecer como funcionan os tratamentos en pacientes atendidos na práctica asistencial habitual”, explica a Dra. Nieves Martínez.

“HORAS DE ESFORZO”

A investigadora do grupo Oncomet do IDIS recolleu o galardón o pasado xoves 10 de setembro en Madrid, durante a final dos Premios DISCOVERGI, unha iniciativa científica da Fundación ECO (Fundación para a Excelencia e a Calidade da Oncoloxía), coa colaboración de Servier. O proxecto foi seleccionado entre os traballos finalistas no ámbito dos tumores dixestivos. Para a Dra. Martínez Lago, este premio supón un recoñecemento ao carácter colaborativo do estudo: “Detrás deste traballo hai moitas horas de esforzo, colaboración entre centros e, sobre todo, un gran equipo de investigadores. Este recoñecemento é de todos os profesionais e centros que fixeron posible o estudo BeTAS”.

O proxecto premiado, titulado Long–term responders to trifluridine/tipiracil plus bevacizumab (FTD/TPI+BEV) in previously treated metastatic colorectal cancer (mCRC): Results from the BeTAS real–world study, xa foi presentado no Congreso da American Society of Clinical Oncology (ASCO 2026), un dos principais encontros internacionais no ámbito da oncoloxía. E o pasado 1 de setembro a prestixiosa revista ESMO Gastrointestinal Oncology, publicou dous artigos deste grupo de invesigación, un deles referente aos resultados de efectividade, seguridade e factores prognósticos deste mesmo traballo.

ÚLTIMAS

“A morte de Maricarmen é un asasinato da violencia rentista”, din os acampados en Compostela

As persoas mozas acampadas na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, atribúen á...

Goretti Sanmartín proporá conceder a Medalla de Ouro de Santiago a Xosé Manuel Beiras a título póstumo

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este xoves que promoverá a...

Anne Carson gaña o Nobel de Literatura 2026, unha autora que levou o Camiño de Santiago á súa obra

A escritora canadense Anne Carson foi distinguida co Premio Nobel de Literatura 2026, segundo...

Licitadas por case 870.000 euros as obras para mellorar a climatización do centros de saúde de Concepción Arenal e do Milladoiro

A Xunta de Galicia licitou por un importe conxunto de 869.966,67 euros os contratos...

O PSOE urxe o Goberno de Santiago a completar o censo de vivendas baleiras e mobilizalas

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou ao Goberno local que complete o censo...

Erguer convoca unha asemblea na Facultade de Dereito tras a aprobación dos novos horarios do grao

O sindicato estudantil Erguer vén de convocar unha asemblea aberta do estudantado da Facultade...

O PP de Santiago denuncia o deterioro da Rúa do Carballo e reclama actuacións inmediatas

O líder do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, visitou a Rúa do Carballo,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here