InicioSen categorizarUCIN critica a parálise do proxecto de humanización en O Milladoiro

UCIN critica a parálise do proxecto de humanización en O Milladoiro

A formación pide un calendario público, compromiso de financiamento e participación veciñal

Publicado o

Xornal de Compostela

A Unión de Cidadáns Independentes de Galicia (UCIN) amosou a súa “profunda preocupación” polo estado de parálise do proxecto de humanización das rúas Estivada de Castelao e Camelias no Milladoiro, presentado polo goberno local como actuación prioritaria e cun investimento previsto de máis de dous millóns de euros.

Segundo lembrou o coordinador de UCIN, José Luis Calo, a iniciativa fora anunciada publicamente antes das últimas eleccións municipais, con prazos e obxectivos que “a día de hoxe non se cumpriron”. “As veciñas e veciños de O Milladoiro xa están cansos de anuncios baleiros. As obras públicas non poden ser simples ferramentas de propaganda electoral; son investimentos que pagamos todos cos nosos impostos e deben executarse con rigor, transparencia e prazos reais”, sinalou.

A formación denuncia que, dous anos despois da súa presentación, apenas se teñen producido trámites administrativos ou actuacións menores noutros puntos do municipio, pero non avances concretos na humanización destas rúas. Nesta liña, consideran que existe unha “sensación xeral de novo engano político”.

Desde UCIN Galicia reclaman tres compromisos fundamentais: un calendario claro e público coas fases da obra, un compromiso firme de financiamento e execución dentro do actual mandato e a participación veciñal no seguimento do proxecto.

O partido insiste en que continuará defendendo unha xestión municipal “centrada nas persoas e non nos intereses electorais”, para que tanto O Milladoiro como o conxunto de Ames dispoñan das infraestruturas e servizos que precisan.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Saleta Chao asumirá Facenda, Persoal, Contratación e Modernización no Concello de Santiago

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, confirmou este venres que Saleta Chao...

O PSOE urxe o Goberno de Santiago a completar o censo de vivendas baleiras e mobilizalas

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou ao Goberno local que complete o censo...

Un estudo sobre o canco colorrectal do CHUS-IDIS recibe un dos Premios DISCOVERGI

A doutora Nieves Martínez Lago, do Servizo de Oncoloxía Médica do Complexo Hospitalario Universitario...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here