InicioSen categorizarAmes inicia en outubro un novo programa gratuíto para deixar de fumar

Ames inicia en outubro un novo programa gratuíto para deixar de fumar

A actividade, enmarcada no Plan Municipal de Saúde Mental, terá seis sesións presenciais no Pazo da Peregrina en Bertamiráns

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames puxo en marcha unha nova edición do programa de cesación de tabaco en grupo, unha actividade gratuíta dirixida a persoas empadroadas no municipio que desexen abandonar o consumo de cigarros. O proxecto desenvolverase entre outubro e decembro e forma parte do Plan Municipal para a Promoción da Saúde Mental, presentado en abril de 2024.

As sesións arrancarán o mércores 1 de outubro, ás 18:30, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. O programa inclúe seis encontros presenciais, conducidos por unha psicóloga con formación específica en tabaquismo, e completarase con seguimentos posteriores por teléfono.

Segundo explicou a concelleira de Promoción da Saúde, Susana Señorís, trátase da “segunda edición deste programa, que xa se desenvolveu o pasado ano co obxectivo de axudar ás persoas que queren deixar de fumar para mellorar a súa saúde e a das persoas que están ao seu arredor”.

A proposta baséase nunha abordaxe multidisciplinar e emprega un programa multicompoñente con ampla evidencia científica, contando coa colaboración doutros profesionais da saúde.

As persoas interesadas poden solicitar praza ou máis información enviando un correo a uneames@gmail.com ou chamando ao teléfono 617 485 662. O programa é de balde e está restrinxido a persoas empadroadas en Ames.

VINTE ANOS DE POLÍTICAS CONTRA O TABAQUISMO

Unha monografía coordinada pola profesora da USC Mónica Pérez Ríos analiza dúas décadas de medidas para previr e controlar o consumo de tabaco en España. O informe destaca a reducción da exposición ao fume ambiental e a desnormalización social do consumo, especialmente trala prohibición en lugares públicos e de traballo. Con todo, sinala desigualdades sociais e territoriais, xa que o descenso foi maior nos sectores con máis recursos e en comunidades con maior PIB, mentres que persisten niveis máis altos de consumo e mortalidade en territorios como Estremadura ou Andalucía. O documento tamén alerta de retos pendentes, como a publicidade encuberta en redes ou a popularización de novos produtos.

ÚLTIMAS

Ghaleb Jaber pronunciará o pregón das festas do Apóstolo

Ghaleb Jaber Ibrahim será o encargado de pronunciar o pregón das festas do Apóstolo,...

Excarcerada unha persoa tras chocar co seu coche contra un camión aparcado en Santiago

Unha persoa tivo que ser liberada do seu coche tras chocar contra un camión...

O PSdeG esixe incorporar a VOLABAN ao Padroado do Refuxio de Bando tras máis dun ano de demora

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Renfe incorpora en Santiago o servizo para que menores viaxen sós en tren a Madrid

Renfe vén de incorporar na estación de Santiago de Compostela o servizo 'Menores que...

Erguer convoca unha asemblea na Facultade de Dereito tras a aprobación dos novos horarios do grao

O sindicato estudantil Erguer vén de convocar unha asemblea aberta do estudantado da Facultade...

O PP de Santiago denuncia o deterioro da Rúa do Carballo e reclama actuacións inmediatas

O líder do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, visitou a Rúa do Carballo,...

Compostela inicia a organización dos actos do Orgullo LGBTIQ+ previstos para finais de xuño

O grupo de traballo LGBTIQ+, dependente do Consello Municipal de Igualdade, comezou xa os...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here