InicioSen categorizarFuturachicapop e Kike Varela pechan este venres a XV edición de Atardecer...

Futurachicapop e Kike Varela pechan este venres a XV edición de Atardecer no Gaiás

O ciclo de concertos gratuítos ao aire libre clausúrase cunha dobre actuación e medidas especiais de accesibilidade auditiva

Publicado o

Xornal de Compostela

A Cidade da Cultura acolle este venres 21 de agosto a despedida da décimo quinta edición de Atardecer no Gaiás. A partir das 21:00 horas, a Praza central converterase no escenario da última cita dun ciclo que, ao longo do verán, programou 11 concertos con 16 artistas e grupos procedentes de Galicia, Portugal, Chile, Málaga, Madrid e Berlín.

A sesión de clausura estará marcada pola dobre actuación de Futurachicapop, que ofrecerá o seu electropop con letras confesionais e himnos de baile como Yo lo quiero todo, e do DJ compostelán Kike Varela, coñecido pola súa mestura de electrónica con música tradicional galega. O set de Varela contará con colaboracións especiais: o dúo Boyanka Kostova, o grupo Lontreira (na súa única actuación en directo deste ano), ademais do gaiteiro Puga e a cantante Gloria Cespón, que interpretará en vivo a Muiñeira de Chantada de Kike Varela, un dos temas en galego máis reproducidos en Youtube durante 2023.

A organización incorporará nesta derradeira xornada un posto de accesibilidade auditiva, con intérprete de lingua de signos e mochilas vibratorias que permiten sentir as vibracións da música no corpo. Estes dispositivos, equipados cun receptor FM, tamén facilitan unha mellor calidade de escoita para persoas usuarias de audiófonos ou implantes cocleares. A medida enmárcase nas iniciativas da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para avanzar na aplicación da Lei de cultura accesible e inclusiva de Galicia.

Desde o seu inicio en xullo, Atardecer no Gaiás consolidouse como unha das citas musicais de referencia do verán galego. O programa deste ano combinou propostas de artistas consolidados e emerxentes, con especial presenza do talento galego: nomes como The Rapants, Eris Mackenzie, Dirty Suc, Lua de Santana, La Toñi, Melodiam, Mocho Gris, ademais dos gañadores do certame Xuventude Crea 2024 (Sara Gimeno, Lontras e o trío Slimak), fixeron parte dun cartel que volveu encher prazas e atraer público diverso.

O ciclo contou co patrocinio de Cervezas Alhambra e conxugou estilos variados, en liña coa campaña institucional ‘Para gustos, cultura’, que busca ofrecer máis de 3.400 actividades en toda Galicia durante o verán.

ÚLTIMAS

Compostela loa cada 10 de maio o ‘Grândola, Vila Morena’ de José Afonso

A primeira vez que se escoitou nas rúas o Grândola, Vila Morena, himno revolucionario...

O Monbus Obradoiro recibe a benvida da alcaldesa no Pazo de Raxoi tras lograr o ascenso á ACB

O Pazo de Raxoi acolleu este venres pola tarde un acto de recepción institucional...

Santiago aproba a modificación da reurbanización de García Lorca e amplía dous meses o prazo das obras en Vite

O Concello de Santiago vén de aprobar en Xunta de Goberno Local a modificación...

O Obradoiro culmina o ascenso á ACB cunha exhibición en Sar ante o Gipuzkoa (85-68)

O Monbus Obradoiro xa é equipo da ACB. O conxunto santiagués selou este venres...

Erguer convoca unha asemblea na Facultade de Dereito tras a aprobación dos novos horarios do grao

O sindicato estudantil Erguer vén de convocar unha asemblea aberta do estudantado da Facultade...

O PP de Santiago denuncia o deterioro da Rúa do Carballo e reclama actuacións inmediatas

O líder do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, visitou a Rúa do Carballo,...

Compostela inicia a organización dos actos do Orgullo LGBTIQ+ previstos para finais de xuño

O grupo de traballo LGBTIQ+, dependente do Consello Municipal de Igualdade, comezou xa os...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here