InicioSANTIAGOVEDRAAugas de Galicia elimina dous puntos de verteduras nos concellos de Trazo...

Augas de Galicia elimina dous puntos de verteduras nos concellos de Trazo e Vedra

As verteduras, detectadas en redes de augas residuais, foron corrixidas polos propietarios afectados

Publicado o

Xornal de Compostela

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través do seu organismo Augas de Galicia, eliminou recentemente dous puntos de verteduras de augas residuais localizados nos concellos de Trazo e Vedra. Estas incidencias foron detectadas polo Programa de Control de Verteduras (PCV), no marco das súas tarefas de seguimento da rede hidráulica.

No caso de Trazo, o persoal do PCV localizou a vertedura de augas pluviais que, mesturadas con augas residuais, procedían dunha vivenda particular. Segundo informou a Xunta, o titular da vivenda tomou as medidas necesarias para corrixir a situación.

En Vedra, a vertedura detectouse na parroquia de San Pedro de Sarandón, onde as augas residuais dun domicilio particular estaban a acabar nunha cuneta da estrada. Tras identificar o punto contaminante, o propietario actuou para solucionar o problema.

A actuación de Augas de Galicia en ambos casos garante unha mellora na calidade das augas na zona, reducindo o impacto ambiental e protexendo o entorno natural.

ÚLTIMAS

Ames estrea o documental ‘8M A Voces’ no acto central do Día Internacional da Muller

O Concello de Ames celebrou este sábado o acto central de conmemoración do 8...

O PSOE alerta dunha caída do turismo en Santiago e reclama medidas para reforzar o atractivo da cidade

O Grupo Municipal Socialista de Santiago expresou a súa preocupación polos datos rexistrados no...

Alfonso Rueda reivindica a alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, como exemplo das mulleres do PP no 8M

O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, reivindicou este sábado á alcaldesa...

Rosa Crujeiras e Maite Flores cruzan reproches sobre continuidade e equipo nun cara a cara da segunda volta

O debate electoral organizado este venres polo Consello de Estudantado, a Asemblea de Investigadoras...

Fabiola García anuncia un aumento de 486.000 euros para o SAF en Vedra ata 2028

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, informou este sábado en Vedra...

A Xunta e o Concello de Vedra asinan un convenio para mellorar a escola infantil municipal

A Xunta de Galicia e o Concello de Vedra veñen de asinar un convenio...

As familias do CPI Plurilingüe de Vedra denuncian a falta de profesorado e de apoio á diversidade

As familias do CPI Plurilingüe de Vedra advertiron dunha situación que cualifican de “insostible”...