InicioSUCESOSDetidos dous veciños de Teo que roubaron ata en 30 locais de...

Detidos dous veciños de Teo que roubaron ata en 30 locais de hostalaría das provincias da Coruña e Pontevedra

O modus operandi da banda consistía en fracturar xanelas ou cristais para acceder aos locais, seleccionados previamente por un dos detidos, quen traballaba nunha empresa de distribución de bebidas en Teo.

Publicado o

Xornal de Compostela

A detención de dous veciños de Teo pola Garda Civil desarticulou unha banda que supostamente realizou 30 roubos con forza en establecementos de hostalaría das provincias da Coruña e Pontevedra. A investigación da operación denominada ‘Consignatario-Linei’ comezou en abril de 2024, cando o Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Lalín e a área de Investigación do Posto Principal da Garda Civil de Milladorio-Ames detectaron unha serie de roubos en establecementos de hostalaría nas comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes, así como en Santiago de Compostela. Ambas as unidades formaron un equipo de investigación conxunto para identificar os autores e recuperar os obxectos subtraídos.

modus operandi da banda consistía en fracturar xanelas ou cristais para acceder aos locais, seleccionados previamente por un dos detidos, quen traballaba nunha empresa de distribución de bebidas en Teo. “Esta posición permitíalle obter información detallada sobre os establecementos e os puntos de acceso máis vulnerables”, relata a Garda Civil nun comunicado este xoves. Os roubos centrábanse principalmente en pequenos locais de hostalaría, de onde levaban a recadación das caixas rexistradoras.

“Os detidos, con antecedentes por delitos similares, complicaron significativamente a investigación debido á súa experiencia neste tipo de roubos. Foi necesario un esforzo coordinado e exhaustivo de análise por parte das unidades policiais de Lalín e Milladorio-Ames para concluír que os roubos no ámbito xeográfico extenso, incluídos varios en Santiago de Compostela, estaban relacionados e eran cometidos polos mesmos delincuentes”, explica a Garda Civil. As detencións tiveron lugar o pasado mércores nos Tilos, municipio de Teo, e Santiago de Compostela. Nos rexistros domiciliarios atopáronse efectos subtraídos e outros relacionados cos delitos investigados, tamén efectuaron numerosos danos materiais aínda por cuantificar.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Alfonso Rueda reivindica a alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, como exemplo das mulleres do PP no 8M

O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, reivindicou este sábado á alcaldesa...

A Garda Civil rescata no río Ulla o cadáver do veciño de Teo desaparecido

A Garda Civil recuperou na tarde deste sábado o corpo sen vida dun veciño...

Operativo de busca no río Ulla para localizar un veciño de Teo desaparecido desde o mércores

Distintos efectivos participan nun operativo de busca dun veciño de Teo, de 56 anos,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here