InicioSOCIEDADEO Concello de Teo benefíciase do Plan de mellora de camiños rurais

O Concello de Teo benefíciase do Plan de mellora de camiños rurais

Con fondos Feader, o plan busca mellorar o acceso a núcleos rurais e fortalecer a infraestrutura en Teo e outras localidades

Publicado o

Xornal de Compostela

A conselleira de Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola alcaldesa do concello de Teo, Lucía Calvo, visitou esta localidade e alí destacou o investimento do Plan de mellora de camiños rurais, dotado con case 19,5 millóns de euros para 2024 e 2025, “o que supón o orzamento máis alto desde 2017”.

En concreto, e segundo explican nun comunicado, no marco desta convocatoria, está prevista unha actuación no concello de Teo. O financiamento faise con fondos Feader, con cargo ao Plan Estratéxico da PAC 2023-2027 e son subvencionables camiños de acceso a núcleos rurais de poboación.

O obxectivo desta iniciativa é mellorar as condicións de vida e traballo no medio rural xa que o fortalecemento das infraestruturas facilita a accesibilidade e vertebración do territorio, reforza o tecido social, contribúe a mellorar a capacidade organizativa das áreas rurais, dinamiza o tecido produtivo e fixa a poboación.

Nesta liña, o plan permite garantir e potenciar o tránsito de vehículos e maquinaria. Durante o período 2016-2024 contou cunha dotación orzamentaria de máis de 130 millóns de euros, permitindo a mellora de máis de 5.450 camiños e máis de 4.280 quilómetros de vías rurais.

ÚLTIMAS

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

Convocan unha mobilización en Santiago contra o colapso sanitario: “Ou nos mobilizamos ou a sanidade seguirá destruída”

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha concentración para o domingo 1 de febreiro...

O Concello de Santiago adxudica a Eulen o contrato de dinamización da rede de centros socioculturais

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou a adxudicación do contrato de...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

Os Premios Alfredo Iglesias recoñecen en Teo o labor cultural e social de dezasete persoas e entidades

O Hotel Congreso, no concello de Teo, acolleu este venres a entrega da quinta...

Os Premios Alfredo Iglesias entregan en Teo os recoñecementos á cultura e ao compromiso social

A quinta edición dos Premios Alfredo Iglesias celebrarase o venres 16 de xaneiro, ás 20:30,...

Teo reclama máis presenza da Garda Civil tras os roubos rexistrados na comarca

A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, solicitou un reforzo dos efectivos...