InicioSANTIAGOTEOA Xunta inviste 1,3 millóns de euros en obras de mellora nos...

A Xunta inviste 1,3 millóns de euros en obras de mellora nos colexios A Igrexa-Calo e dos Tilos, en Teo

O conselleiro Román Rodríguez visitou o centro de Calo para comprobar o avance dunha rehabilitación integral que se atopa ao 70% de execución

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta de Galicia destina este ano 1,3 millóns de euros á mellora de infraestruturas educativas no concello de Teo, a través de dúas actuacións centradas nos colexios A Igrexa-Calo e Plurilingüe dos Tilos. Así o destacou esta tarde o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, durante unha visita ao centro de Calo para supervisar a marcha das obras de rehabilitación integral, orzadas en 925.000 euros.

Segundo explicou o conselleiro, os traballos en A Igrexa-Calo están xa executados nun 70%, e inclúen a colocación de illamento térmico polo exterior (SATE), a substitución de 1.068 metros cadrados de cuberta por paneis sándwich illantes, a instalación de 92 fiestras e cinco portas con dobre acristalamento, e o reemprazo de 316 luminarias por luces LED de baixo consumo. Tamén se está a realizar unha optimización de espazos, coa renovación de canlóns e baixantes, a colocación de falsos teitos con protección acústica, a substitución dos mesados da cociña por aceiro inoxidable, a renovación do chan da escaleira principal con pavimento antiescorregadizo e a instalación de nova sinaléctica.

O obxectivo, segundo subliñou Rodríguez, é “dar un novo pulo a este centro educativo, que presentaba as problemáticas clásicas dun edificio con máis de 50 anos de antigüidade”, e “incrementar o confort diario para toda a comunidade educativa, tanto neste colexio como no dos Tilos”.

Precisamente, no CPI Plurilingüe dos Tilos xa rematou a actuación de substitución da cuberta, cun investimento de 375.000 euros.

Ambas intervencións enmárcanse no Plan de nova arquitectura pedagóxica, unha das principais liñas de actuación da Consellería de Educación, que aposta pola mellora da eficiencia enerxética e a redución do consumo eléctrico e térmico nos centros públicos galegos.

ÚLTIMAS

Ames estrea o documental ‘8M A Voces’ no acto central do Día Internacional da Muller

O Concello de Ames celebrou este sábado o acto central de conmemoración do 8...

O PSOE alerta dunha caída do turismo en Santiago e reclama medidas para reforzar o atractivo da cidade

O Grupo Municipal Socialista de Santiago expresou a súa preocupación polos datos rexistrados no...

Alfonso Rueda reivindica a alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, como exemplo das mulleres do PP no 8M

O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, reivindicou este sábado á alcaldesa...

Rosa Crujeiras e Maite Flores cruzan reproches sobre continuidade e equipo nun cara a cara da segunda volta

O debate electoral organizado este venres polo Consello de Estudantado, a Asemblea de Investigadoras...

Alfonso Rueda reivindica a alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, como exemplo das mulleres do PP no 8M

O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, reivindicou este sábado á alcaldesa...

A Garda Civil rescata no río Ulla o cadáver do veciño de Teo desaparecido

A Garda Civil recuperou na tarde deste sábado o corpo sen vida dun veciño...

Operativo de busca no río Ulla para localizar un veciño de Teo desaparecido desde o mércores

Distintos efectivos participan nun operativo de busca dun veciño de Teo, de 56 anos,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here