InicioSANTIAGOBRIÓNBrión ultima os preparativos para a XLI Carreira Pedestre da Amaía este...

Brión ultima os preparativos para a XLI Carreira Pedestre da Amaía este sábado

A proba contará con máis de 180 participantes e repartirá premios en metálico por valor de 2.100 euros

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Brión, en colaboración co Club Deportivo Brión Hyupersa Santiago, organiza este sábado, 5 de outubro, a XLI Carreira Pedestre Popular da Amaía, unha das citas deportivas máis esperadas da comarca. A proba dará comezo ás 16:30 horas nas inmediacións do parque de Pedrouzos, e xa ten inscritas máis de 180 persoas, aínda que o prazo para anotarse estará aberto ata as 23:59 horas deste mércores, 2 de outubro, a través da páxina web www.carreirasgalegas.com.

A carreira, que forma parte do IX Circuíto de Carreiras da Deputación da Coruña, está supervisada pola Federación Galega de Atletismo e será puntuable, mantendo o control técnico do Comité Galego de Xuíces. A inscrición para adultos ten un custo de 5 euros, mentres que os menores de 16 anos poden participar de forma gratuita.

Nesta edición, a carreira incrementa os seus premios en metálico ata os 2.100 euros, con recompensas para os tres primeiros homes e mulleres na categoría absoluta: 300, 250 e 150 euros, respectivamente. Tamén haberá trofeos deseñados polo recoñecido ceramista Nano Unzueta, así como premios para os tres primeiros clubs federados e os mellores clasificados empadroados en Brión.

O percorrido da proba absoluta consta dun circuíto de 5.000 metros, no que predomina o asfalto (98%) con tramos menores de terra. Pola súa banda, as carreiras para menores celebraranse nas inmediacións do campo de fútbol municipal de Brión. Todas as persoas participantes recibirán agasallos conmemorativos e un avituallamento líquido ao finalizar a proba.

A pasada edición contou con 309 atletas e este ano espérase unha participación similar, consolidando o evento como unha das principais competicións populares da comarca.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

O Concello de Brión organiza un obradoiro de primeiros auxilios na infancia

O Concello de Brión, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, impulsa...

Os Reis Magos percorren a parte alta de Brión e visitan a residencia de maiores e o Concilia Nadal

Os Reis Magos de Oriente visitaron durante a mañá deste día as parroquias da...

Brión acende o Nadal cunha feira de artesanía, obradoiros e magosto popular este venres

A tarde de mañá venres marcará o inicio oficial do Nadal en Brión, que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here