InicioSANTIAGOBRIÓNBrión lanza un programa de promoción do comercio local e o sector...

Brión lanza un programa de promoción do comercio local e o sector primario para setembro

O concello organizará a primeira edición do Coworking Fest, a Ruta das Hortas e a sexta Feira Labrega

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Brión presentou un completo programa de actividades para o mes de setembro, co obxectivo de promover o comercio local e poñer en valor o sector primario. As iniciativas inclúen a primeira edición do Coworking Fest, a Ruta das Hortas e a sexta edición da Feira Labrega.

Segundo a concelleira de Promoción Económica, Guarina Rey Vázquez, “dende o Concello queremos apoiar o noso rural e promover o comercio dos mellores produtos que producen os nosos veciños e veciñas nas súas hortas”, destacou. Esta programación busca fortalecer a relación entre produtores e consumidores, promovendo a produción sostible e de calidade.

RUTA DAS HORTAS

A primeira das actividades será a Ruta das Hortas, que permitirá á veciñanza coñecer de preto as técnicas de produción sostible que empregan catro explotacións locais. As visitas, que se realizarán ao longo do mes de setembro, non requiren inscrición previa e teñen como punto de encontro o Coworking “Transformando en Brión”.

COWORKING FEST

Para dar a coñecer o espazo colaborativo de Montebalado, o Concello organiza o Coworking Fest o 18 e 19 de setembro. Esta primeira edición incluirá unha xornada de portas abertas e outra formativa sobre cooperativismo, dirixida tanto a usuarios do coworking como a persoas interesadas en proxectos colaborativos.

FEIRA LABREGA

O domingo 22 de setembro, o Adro da Igrexa dos Ánxeles acollerá a sexta edición da Feira Labrega, unha mostra gastronómica e artesá que destaca os produtos locais e os oficios tradicionais. A feira contará con degustacións en directo, exposicións, obradoiros e actuacións musicais, converténdose nun escaparate da riqueza cultural e produtiva de Brión.

MERCA EN BRIÓN

Este programa especial complementa os dous mercados semanais de Brión: o mercado urbano dos martes en Pedrouzos e o Mercado da Terra dos venres en Montebalado. Ademais, o Concello lanzará a campaña ‘Merca en Brión’, que incluirá a elaboración dunha guía de comercio local e a promoción dos negocios locais a través da App BrionInforma.

Con estas iniciativas, Brión busca dinamizar a economía local e fortalecer a conexión entre os consumidores e os produtores locais, reafirmando o seu compromiso co desenvolvemento sostible e a promoción do rural.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

O Concello de Brión organiza un obradoiro de primeiros auxilios na infancia

O Concello de Brión, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, impulsa...

Os Reis Magos percorren a parte alta de Brión e visitan a residencia de maiores e o Concilia Nadal

Os Reis Magos de Oriente visitaron durante a mañá deste día as parroquias da...

Brión acende o Nadal cunha feira de artesanía, obradoiros e magosto popular este venres

A tarde de mañá venres marcará o inicio oficial do Nadal en Brión, que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here