InicioSANTIAGOBRIÓNA Garda Civil recupera o corpo dun home no río Tambre tras...

A Garda Civil recupera o corpo dun home no río Tambre tras activar un operativo en Brión

O achado produciuse despois de que un particular alertase da presenza dun vehículo nas proximidades do río na zona de Ons

Publicado o

Xornal de Compostela

A Garda Civil recuperou este sábado o corpo sen vida dun home localizado no río Tambre, ao seu paso polo lugar de Ons, no concello de Brión.

Segundo informou o instituto armado, o operativo de busca iniciouse na tarde do venres, despois de que un particular comunicase a presenza dun vehículo nas proximidades do río. A partir desa alerta, activouse un dispositivo de procura na zona.

Foi na mañá deste sábado cando se produciu o achado do corpo no curso fluvial. Ata o lugar desprazáronse efectivos do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS), que procederon á recuperación do cadáver arredor das 13:15.

Tras a intervención, o corpo foi trasladado ao Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga), en Santiago de Compostela, onde se lle practicará a autopsia para determinar as causas do falecemento.

Polo momento, non transcenderon máis datos sobre a identidade da persoa falecida nin sobre as circunstancias nas que se produciu o suceso, que continúa baixo investigación.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Brión leva a pleno uns orzamentos de 9,2 millóns para 2026, un 19% máis que en 2024

O Pleno do Concello de Brión abordará este mércores, 7 de outubro, ás 13:00,...

Brión pide tamén reducir o consumo de auga ante o aumento da demanda e a situación de seca

O Concello de Brión fixo un chamamento á colaboración da veciñanza para limitar o...

Brión abre ao público unha mostra con 33 obras doadas en homenaxe a Xosé Vizoso

O Concello de Brión inaugurou na noite deste venres unha exposición integrada por 33...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here