InicioSANTIAGOBRIÓNUn accidente con dous camións e un coche deixa tres feridos en...

Un accidente con dous camións e un coche deixa tres feridos en Brión

Un dos implicados foi trasladado en helicóptero ao Hospital Clínico de Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

Unha colisión múltiple rexistrada na mañá deste xoves no concello de Brión provocou tres persoas feridas, segundo informou o 112. O sinistro produciuse arredor das 8:50 horas no quilómetro 12 da CG-1.5, na parroquia dos Ánxeles, cando dous camións que transportaban aluminio e un turismo impactaron entre si.

No primeiro aviso alertouse da posibilidade de persoas atrapadas e mesmo dun dos implicados inconsciente. Con todo, ao chegar os equipos de emerxencias confirmouse que ningún dos ocupantes permanecía no interior dos vehículos, aínda que un dos camións acabou envorcado na estrada.

Os servizos sanitarios atenderon ás tres persoas feridas, dúas delas trasladadas en ambulancia e unha evacuada en helicóptero medicalizado ao Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS).

A Garda Civil de Tráfico mantén a circulación cortada mentres continúan os traballos de retirada dos vehículos e limpeza da vía. No operativo interveñen efectivos do 061, Bombeiros de Santa Comba, GES de Brión, Policía Local e persoal de mantemento de estrada.

ÚLTIMAS

Ames estrea o documental ‘8M A Voces’ no acto central do Día Internacional da Muller

O Concello de Ames celebrou este sábado o acto central de conmemoración do 8...

O PSOE alerta dunha caída do turismo en Santiago e reclama medidas para reforzar o atractivo da cidade

O Grupo Municipal Socialista de Santiago expresou a súa preocupación polos datos rexistrados no...

Alfonso Rueda reivindica a alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, como exemplo das mulleres do PP no 8M

O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, reivindicou este sábado á alcaldesa...

Rosa Crujeiras e Maite Flores cruzan reproches sobre continuidade e equipo nun cara a cara da segunda volta

O debate electoral organizado este venres polo Consello de Estudantado, a Asemblea de Investigadoras...

O Pleno de Brión aproba por unanimidade o programa de emprego con Ames e rexeita cambios na Lei de Patrimonio

A sesión ordinaria do mes de febreiro no Concello de Brión estivo marcada pola...

Brión e a Deputación da Coruña avanzan na planificación dunha senda peonil en Mourentáns

O alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, e a deputada responsable de Infraestruturas Viarias...

O Concello de Brión organiza un obradoiro de primeiros auxilios na infancia

O Concello de Brión, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, impulsa...