InicioSANTIAGOBRIÓNAcordo entre o Concello de Brión coa Xunta para mellorar o colexio...

Acordo entre o Concello de Brión coa Xunta para mellorar o colexio e o instituto municipais

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e o alcalde brionés, Pablo Lago, asinaron na mañá deste martes o acordo, co que pretenden levar a cabo unha serie de actuacións nas infraestruturas educativas desta localidade da comarca compostelá, segundo trasladou a Xunta nunha nota de prensa

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta de Galicia e o Concello de Brión asinaron un convenio de colaboración para impulsar a execución de obras de mellora no CEIP Plurilingüe de Pedrouzos e no instituto da localidade.

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e o alcalde brionés, Pablo Lago, asinaron na mañá deste martes o acordo, co que pretenden levar a cabo unha serie de actuacións nas infraestruturas educativas desta localidade da comarca compostelá, segundo trasladou a Xunta nunha nota de prensa.

O titular de Educación do Goberno galego destacou a importancia deste acordo como un exemplo de “colaboración interinstitucional” entre dúas administracións “que redundará en beneficio da comunidade educativa de Brión en particular e no conxunto dos seus cidadáns en xeral”.

Román Rodríguez aposta por esta liña de “traballo cooperativo” que permitirá “sacarlle o máximo aproveitamento e rendemento” ás infraestruturas financiadas con recursos públicos, como vai ser o caso do Colexio de Pedrouzos e do Instituto de Brión.

DETALLES DO ACORDO

No marco deste acordo, e froito desta colaboración institucional, o Goberno galego asumirá a redacción e aprobación do proxecto e a execución da obra de rehabilitación e, no seu caso, ampliación do Colexio CEIP Plurilingüe de Pedrouzos.

Así mesmo, a Xunta comprométese á desafectación do uso educativo dunha franxa de terreo do colexio de 200 metros cuadradados aproximadamente para que o Concello constrúa unha dársena de autobuses que mellore o servizo de transporte do alumnado.

No tocante ao Instituto IES de Brión, o Concello comprométese á redacción do proxecto e á execución da obra de cubrición dos laterais do patio cuberto, mentres que a Xunta facilitará o uso compartido do devandito patio por parte da administración local fose do horario lectivo.

ÚLTIMAS

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

Convocan unha mobilización en Santiago contra o colapso sanitario: “Ou nos mobilizamos ou a sanidade seguirá destruída”

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha concentración para o domingo 1 de febreiro...

O Concello de Santiago adxudica a Eulen o contrato de dinamización da rede de centros socioculturais

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou a adxudicación do contrato de...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Concello de Brión organiza un obradoiro de primeiros auxilios na infancia

O Concello de Brión, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, impulsa...

Os Reis Magos percorren a parte alta de Brión e visitan a residencia de maiores e o Concilia Nadal

Os Reis Magos de Oriente visitaron durante a mañá deste día as parroquias da...

Brión acende o Nadal cunha feira de artesanía, obradoiros e magosto popular este venres

A tarde de mañá venres marcará o inicio oficial do Nadal en Brión, que...