InicioSANTIAGOBRIÓNO Club de Patinaxe Artística Brión gaña a medalla de prata no...

O Club de Patinaxe Artística Brión gaña a medalla de prata no IX Trofeo Cidade de Alcoy

O equipo brionés mantén o seu alto nivel competitivo e revalida a súa medalla de prata tras mellorar a súa puntuación

Publicado o

Xornal de Compostela

O Club de Patinaxe Artística Brión (CPA Brión) volveu destacar na Copa de España – IX Trofeo Cidade de Alcoy, celebrada o pasado sábado 26 de abril na localidade alicantina de Alcoy. O equipo brionés logrou alzarse co segundo posto do podio, colgándose a medalla de prata, un logro que revalida o seu éxito do ano anterior.

Este trofeo, no que participaron 23 equipos de diferentes comunidades autónomas de toda España, supón o terceiro ano consecutivo no que o CPA Brión logra subirse ao podio. En 2023 conseguiron a medalla de prata, en 2024 foron bronce e, nesta edición, repiten na segunda posición.

O equipo brionés está composto por doce patinadoras: Leire, Alba, Marta, Antía, Yaisa, Icía, Flavia, Paula M., Carla, Greta, Paula A. e Zaira, quen se mostraron moi satisfeitas coa súa actuación. As patinadoras melloraron a súa puntuación respecto ao Campionato de España e destacaron a experiencia vivida no evento.

O equipo técnico, liderado por Natis e Andrea, tamén se mostrou orgulloso do traballo realizado, destacando que “é un soño ter conseguido tres medallas neste campionato e as tres consecutivas, algo inimaxinable debido ao nivel de cada ano, pero é o resultado de moito esforzo e dedicación por parte do equipo técnico, das patinadoras, das familias e patrocinadores, xa que sen eles non sería posible poder participar”.

ÚLTIMAS

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

Convocan unha mobilización en Santiago contra o colapso sanitario: “Ou nos mobilizamos ou a sanidade seguirá destruída”

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha concentración para o domingo 1 de febreiro...

O Concello de Santiago adxudica a Eulen o contrato de dinamización da rede de centros socioculturais

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou a adxudicación do contrato de...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Concello de Brión organiza un obradoiro de primeiros auxilios na infancia

O Concello de Brión, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, impulsa...

Os Reis Magos percorren a parte alta de Brión e visitan a residencia de maiores e o Concilia Nadal

Os Reis Magos de Oriente visitaron durante a mañá deste día as parroquias da...

Brión acende o Nadal cunha feira de artesanía, obradoiros e magosto popular este venres

A tarde de mañá venres marcará o inicio oficial do Nadal en Brión, que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here