InicioSANTIAGOBRIÓNBrión acomete melloras viarias e crea un espazo de aparcamento provisional na...

Brión acomete melloras viarias e crea un espazo de aparcamento provisional na aldea da Torre

A actuación inclúe o asfaltado de viarios, unha cuneta de seguridade e medidas para facilitar a visita ás Torres de Altamira

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Brión está a executar unha obra de mellora integral na aldea da Torre, cun investimento municipal de máis de 21.000 euros. Os traballos, que xa se atopan na súa primeira fase, inclúen tanto actuacións sobre os viarios locais como a habilitación dun espazo de aparcamento provisional para persoas visitantes das Torres de Altamira, un dos elementos patrimoniais máis destacados do municipio.

Segundo explicou o concelleiro de Obras, José Antonio Vidal, a intervención comezou coa construción dunha cuneta de seguridade de 115 metros de longo, dotada tamén dunha canalización para a recollida de augas pluviais. Esta infraestrutura será utilizada como zona de estacionamento alternativa, situada á entrada do conxunto histórico das Torres.

O proxecto contempla tamén o bacheado e asfaltado dos distintos camiños da aldea, actuando sobre unha superficie total de 1.560 metros cadrados. A intervención inclúe un tratamento asfáltico superficial e rego de selado, co obxectivo de mellorar a capa de rodaxe dos viarios.

A maiores, está prevista a ampliación do viario principal de acceso á aldea, dividido en dous tramos. No primeiro, xa rematado, construíuse a cuneta. No segundo, de 135 metros, realizaranse traballos de ampliación das marxes ata acadar un ancho mínimo de 4 metros, co fin de incrementar a seguridade viaria da veciñanza.

Durante unha visita ás obras, o alcalde de Brión, Pablo Lago, destacou que esta intervención forma parte dunha estratexia municipal máis ampla: “Neste momento temos en marcha máis dunha ducia de actuacións en distintas parroquias, co obxectivo de mellorar o día a día do maior número de veciños posible”.

En relación co acceso ás Torres de Altamira, o rexedor explicou que a nova cuneta funcionará como solución temporal para o estacionamento turístico, mentres se agarda por unha proposta definitiva da Deputación da Coruña, entidade propietaria do enclave patrimonial.

A intervención responde, por tanto, tanto ás necesidades da veciñanza da Torre como á dinámica turística do municipio, garantindo seguridade, accesibilidade e comodidade nun dos puntos máis visitados de Brión.

ÚLTIMAS

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

Convocan unha mobilización en Santiago contra o colapso sanitario: “Ou nos mobilizamos ou a sanidade seguirá destruída”

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha concentración para o domingo 1 de febreiro...

O Concello de Santiago adxudica a Eulen o contrato de dinamización da rede de centros socioculturais

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou a adxudicación do contrato de...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Concello de Brión organiza un obradoiro de primeiros auxilios na infancia

O Concello de Brión, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, impulsa...

Os Reis Magos percorren a parte alta de Brión e visitan a residencia de maiores e o Concilia Nadal

Os Reis Magos de Oriente visitaron durante a mañá deste día as parroquias da...

Brión acende o Nadal cunha feira de artesanía, obradoiros e magosto popular este venres

A tarde de mañá venres marcará o inicio oficial do Nadal en Brión, que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here