InicioSANTIAGOBRIÓNO Concello de Brión aproba en pleno a compra de terreos para...

O Concello de Brión aproba en pleno a compra de terreos para vivenda protexida

A modificación de créditos permitirá adquirir cinco parcelas do SAREB para construír vivenda libre e protexida

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Brión aprobou este mediodía, nunha sesión plenaria extraordinaria, a adquisición de cinco parcelas para a construción de vivenda protexida e libre, mediante un expediente de modificación de créditos que inclúe un crédito extraordinario de 164.560 euros. A operación foi financiada a través do Remanente Líquido de Tesourería e recibiu o respaldo do grupo de Goberno, mentres que o PP e o BNG se abstiveron.

O alcalde de Brión, Pablo Lago, detallou que estas parcelas, propiedade do SAREB e valoradas en 500.000 euros cada unha, poderán ser adquiridas por 34.000 euros cada unha, unha oportunidade que considerou especialmente favorable dado o contexto de escaseza de vivenda. “Entendemos que esta operación é moi vantaxosa para o concello, pois facilita a creación de vivenda protexida, unha necesidade non cuberta ata agora en Brión, e ao mesmo tempo pode xerar retorno económico coa licitación das parcelas libres”, explicou Lago.

En canto á convocatoria extraordinaria do pleno, o alcalde sinalou a urxencia de resolver a adquisición debido aos prazos administrativos: “Non podiamos agardar ao pleno ordinario de decembro, dado que aínda temos que completar todo o proceso administrativo”, aclarou Lago, destacando ademais que “o prezo das parcelas é máis que razoable e responde á necesidade de ampliar a oferta de vivenda protexida no municipio”.

No pleno tamén se aprobou a acta da sesión anterior, do pasado 16 de outubro, e analizáronse os informes de cumprimento de obrigas trimestrais sobre a execución do orzamento e o período medio de pago (PMP), que se situou en 28,59 días para o terceiro trimestre de 2024, cumprindo así cos prazos establecidos.

ÚLTIMAS

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

Convocan unha mobilización en Santiago contra o colapso sanitario: “Ou nos mobilizamos ou a sanidade seguirá destruída”

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha concentración para o domingo 1 de febreiro...

O Concello de Santiago adxudica a Eulen o contrato de dinamización da rede de centros socioculturais

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou a adxudicación do contrato de...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Concello de Brión organiza un obradoiro de primeiros auxilios na infancia

O Concello de Brión, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, impulsa...

Os Reis Magos percorren a parte alta de Brión e visitan a residencia de maiores e o Concilia Nadal

Os Reis Magos de Oriente visitaron durante a mañá deste día as parroquias da...

Brión acende o Nadal cunha feira de artesanía, obradoiros e magosto popular este venres

A tarde de mañá venres marcará o inicio oficial do Nadal en Brión, que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here