InicioSANTIAGOBOQUEIXÓNBoqueixón mellorará máis de vinte pistas e estradas cun investimento superior aos...

Boqueixón mellorará máis de vinte pistas e estradas cun investimento superior aos 140.000 euros

As obras incluirán accesos a diferentes núcleos de poboación en oito parroquias e arrincarán nas vindeiras semanas

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Boqueixón vén de licitar dúas actuacións que permitirán a mellora de máis de vinte pistas e estradas municipais, cun investimento total que supera os 140.000 euros. Os traballos darán comezo nas próximas semanas e abranguen actuacións en oito parroquias do municipio.

O primeiro proxecto contempla intervencións en accesos a núcleos de Deseiro de Arriba (Sergude), Vigo e Alboia (Lamas), Gastrar (Gastrar), Camporrapado, Rebordao e Mato (Oural), Vilar (Ledesma), A Quenlla (Sucira), Pedrouzo (Pousada) e Piñeiro de Abaixo (Boqueixón). As obras consistirán en tratamentos asfálticos superficiais con rego de selado, reparación previa de fochancas e limpeza de cunetas.

Tamén se executará a sinalización horizontal do viario do Forte a Casalpegito, de 3.390 metros, co pintado de liñas de bordo. Inclúese a construción dun muro de sostemento de terras, a pavimentación en aglomerado en quente dun tramo e a execución dunha arqueta de formigón. Neste proxecto recóllense ademais melloras en pequenos camiños de Pumares (Sergude), Pazos (Lestedo), Castrelo-Virxe de Lurdes (tres tramos), Burgo (Lamas) e Ledesma, que suman máis dun quilómetro.

O segundo proxecto aprobado permitirá actuar nos accesos a Manlle (Lamas), Eirexe (Pousada), Santaia e Casalvieito (Codeso), con reparación de baches, reforzo da capa de rodaxe e limpeza de cunetas para mellorar a drenaxe.

Ademais, prevese a mellora dun camiño en Burgo (Lamas) de 140 metros de longo por 3,5 de ancho, onde se executará un acondicionamento previo con saneos e pedraplén, aplicando posteriormente zahorra. Así mesmo, asfaltaranse 395 metros de viario en Baiuca (Ledesma) cun ancho de 5,5 metros.

ÚLTIMAS

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

Convocan unha mobilización en Santiago contra o colapso sanitario: “Ou nos mobilizamos ou a sanidade seguirá destruída”

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha concentración para o domingo 1 de febreiro...

O Concello de Santiago adxudica a Eulen o contrato de dinamización da rede de centros socioculturais

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou a adxudicación do contrato de...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

Unha persoa resulta ferida tras unha colisión entre dous coches en Boqueixón

Unha persoa resultou ferida na mañá deste domingo tras un choque entre dous vehículos...

Os Reis Magos reúnen centos de persoas no polideportivo do Forte durante o Festival de Reis de Boqueixón

Melchor, Gaspar e Baltasar foron os protagonistas do tradicional Festival de Reis organizado polo...

A CIG desconvoca a folga na Lavandaría Elis de Boqueixón tras un acordo sobre o calendario laboral de 2026

O sindicato CIG desconvocou a folga prevista na Lavandaría Elis de Boqueixón para os...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here