InicioSANTIAGOBOQUEIXÓNBoqueixón mellorará máis de vinte pistas e estradas cun investimento superior aos...

Boqueixón mellorará máis de vinte pistas e estradas cun investimento superior aos 140.000 euros

As obras incluirán accesos a diferentes núcleos de poboación en oito parroquias e arrincarán nas vindeiras semanas

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Boqueixón vén de licitar dúas actuacións que permitirán a mellora de máis de vinte pistas e estradas municipais, cun investimento total que supera os 140.000 euros. Os traballos darán comezo nas próximas semanas e abranguen actuacións en oito parroquias do municipio.

O primeiro proxecto contempla intervencións en accesos a núcleos de Deseiro de Arriba (Sergude), Vigo e Alboia (Lamas), Gastrar (Gastrar), Camporrapado, Rebordao e Mato (Oural), Vilar (Ledesma), A Quenlla (Sucira), Pedrouzo (Pousada) e Piñeiro de Abaixo (Boqueixón). As obras consistirán en tratamentos asfálticos superficiais con rego de selado, reparación previa de fochancas e limpeza de cunetas.

Tamén se executará a sinalización horizontal do viario do Forte a Casalpegito, de 3.390 metros, co pintado de liñas de bordo. Inclúese a construción dun muro de sostemento de terras, a pavimentación en aglomerado en quente dun tramo e a execución dunha arqueta de formigón. Neste proxecto recóllense ademais melloras en pequenos camiños de Pumares (Sergude), Pazos (Lestedo), Castrelo-Virxe de Lurdes (tres tramos), Burgo (Lamas) e Ledesma, que suman máis dun quilómetro.

O segundo proxecto aprobado permitirá actuar nos accesos a Manlle (Lamas), Eirexe (Pousada), Santaia e Casalvieito (Codeso), con reparación de baches, reforzo da capa de rodaxe e limpeza de cunetas para mellorar a drenaxe.

Ademais, prevese a mellora dun camiño en Burgo (Lamas) de 140 metros de longo por 3,5 de ancho, onde se executará un acondicionamento previo con saneos e pedraplén, aplicando posteriormente zahorra. Así mesmo, asfaltaranse 395 metros de viario en Baiuca (Ledesma) cun ancho de 5,5 metros.

ÚLTIMAS

Persoal do transporte de mercadorías reclama un “convenio provincial digno” en Santiago

Persoal do transporte de mercadorías por estrada, convocado polos sindicatos CCOO, CIG e UGT,...

Os non adscritos retiran a demanda contra o PSOE pola súa expulsión

Os catro concelleiros non adscritos de Santiago de Compostela --Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Milagros...

Controlado o incendio de Brión tras queimar 4 hectáreas

O incendio forestal declarado na tarde do pasado martes no municipio coruñés de Brión...

Crujeiras aposta por unha alianza estratéxica co empresariado para o impulso de Galicia

A reitora da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Rosa Crujeiras, fixo un chamamento...

O Pico Sacro acolle a Cerimonia do Lume Sagrado para dar a benvida ao solsticio de verán

O Pico Sacro volveu converterse este mediodía nun espazo de encontro arredor da tradición...

A Xunta autoriza ambientalmente a transformación de 4,8 hectáreas forestais en viñedo no municipio de Boqueixón

A Xunta de Galicia concedeu a avaliación ambiental favorable a un proxecto de cambio...

Rueda anuncia investimentos en estradas e servizos sociais tras reunirse co alcalde de Boqueixón

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, mantivo esta semana unha reunión co...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here