InicioSANTIAGOAMESO Concello de Ames estrea a súa programación cultural con teatro e...

O Concello de Ames estrea a súa programación cultural con teatro e maxia no último trimestre do ano

A oferta inclúe tres obras teatrais, o XIX Festival de Maxia e o VII Festival de Cinema Miúdo

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames, a través do seu departamento de Cultura, abre a programación do último trimestre do ano cunha ampla oferta cultural. Durante o mes de outubro, a Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá tres obras teatrais, dúas dirixidas ao público adulto e unha destinada ao público infantil, ademais do XIX Festival Internacional de Maxia.

As representacións teatrais arrancarán o 18 de outubro con dúas funcións. A primeira, para público infantil, será “Geometría del Alma” ás 18:00 horas. A obra, da compañía Teatro Plus, combina teatro visual, danza e manipulación de obxectos para explorar a relación entre as formas xeométricas e o corpo humano. Pola noite, ás 20:30 horas, será a quenda de “Go Home”, unha peza de Etiqueta Negra protagonizada por David Amor e Josito Porto. A obra narra as aventuras dun viaxeiro en O Cebreiro, e está dirixida por Tito Asorey.

O 29 de novembro, a programación para adultos completarase coa representación de “Testosterona” da compañía Malasombra Produccións, unha reflexión sobre a desigualdade laboral por razón de sexo, que se desenvolverá tamén no auditorio de Bertamiráns.

A finais de outubro, entre os días 25 e 27, Ames acollerá o XIX Festival Internacional de Maxia, con actividades para todas as idades, como espectáculos de maxia para bebés, maiores e a tradicional gala máxica internacional.

Finalmente, do 14 ao 17 de novembro, terá lugar o VII Festival de Cinema Miúdo, un certame de cinema infantil e xuvenil que este ano xirará arredor dos pioneiros do cinema. As actividades incluirán proxeccións, exposicións e experiencias interactivas nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro, brindando aos máis novos a oportunidade de aprender sobre os comezos da sétima arte.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Ames estrea o documental ‘8M A Voces’ no acto central do Día Internacional da Muller

O Concello de Ames celebrou este sábado o acto central de conmemoración do 8...

Ames organiza o espectáculo ‘Garavanciña’ de Migallas Teatro dentro da programación do programa Apego

O programa Apego continúa a desenvolver a súa programación de actividades para o primeiro...

UCIN insta a PP e BNG a promover unha moción de censura no Concello de Ames

O coordinador de José Luis Calo, representante de UCIN, fixo pública a súa petición...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here