InicioSANTIAGOAMESO Concello de Ames colabora nunha campaña solidaria para axudar aos refuxiados...

O Concello de Ames colabora nunha campaña solidaria para axudar aos refuxiados saharauís

A crise humanitaria nos campamentos de refuxiados, agravada polas intensas choivas, obriga a evacuar a miles de persoas e demanda axuda urxente

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames volveu a colaborar coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS), sumándose ao chamamento urxente de apoio ante a grave crise humanitaria que afecta os campamentos de refuxiados saharauís. As intensas choivas recentes provocaron derrubes en numerosas infraestruturas, incluíndo vivendas e centros de asistencia comunitaria, forzando a evacuación de máis de 600 familias e deixando practicamente inutilizados centros educativos e médicos.

Segundo informaron desde SOGAPS, a situación nos campamentos é crítica, con case 3.000 persoas afectadas polas inundacións. As organizacións locais, como a Media Lúa Vermella Saharauí e o Ministerio de Cooperación da RASD, solicitaron asistencia urxente para cubrir necesidades básicas como a rehabilitación de infraestruturas, distribución de alimentos, medicamentos e produtos de primeira necesidade, así como o saneamento dos espazos afectados.

SOGAPS está a organizar a compra de material sanitario e anunciou que unha delegación da asociación viaxará aos campamentos o próximo 24 de outubro. Para colaborar, as persoas interesadas poden facer donativos a través da conta bancaria ES48 2080 5056 1130 4006 3331. Para máis información, tamén se pode contactar coa asociación no teléfono 678 727 382.

ÚLTIMAS

(VÍDEO) Arde un vehículo na SC-20 en Conxo e provoca retencións, pero sen feridos

Un vehículo ardeu ao mediodía deste martes na estrada SC-20, nas inmediacións da rotonda...

O BNG celebra na Praza de Cervantes dous anos á fronte do Goberno de Santiago

O Bloque Nacionalista Galego reuniu este domingo á súa militancia, simpatizantes e representantes do...

Aparecen novas pintadas na Catedral de Santiago, na fachada da Praza da Inmaculada

A Catedral de Santiago foi obxecto de novas pintadas, que apareceron nas últimas horas...

A Asociación Fonseca aproba contas e reivindica a súa actividade ante o Concello

A Asociación de Veciños da Cidade Histórica FONSECA celebrou este luns a súa asemblea...

Blas García defende a estabilidade e os avances do goberno de Ames no ecuador do mandato

O Goberno municipal de Ames fixo este luns un balance dos dous primeiros anos...

O alcalde de Ames insiste en pedir eleccións en 2025 para que o PSOE poida “preservar” os concellos

O alcalde de Ames, o socialista Blas García, volveuse a mostrar este luns partidario de...

Blas García pide a Sánchez que convoque eleccións xerais para poñer fin a unha “situación política irrespirable”

O alcalde socialista de Ames, Blas García, manifestou publicamente o seu apoio a un...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here