InicioSANTIAGOAMESO BNG reclama a liberación de peaxes na AP-9 durante as obras...

O BNG reclama a liberación de peaxes na AP-9 durante as obras da N-550 no Milladoiro

A formación nacionalista impulsará mocións nos concellos afectados para esixir ao Ministerio de Transportes a gratuidade do tramo Santiago-Padrón

Publicado o

Xornal de Compostela

O Bloque Nacionalista Galego anunciou que presentará mocións nos concellos da comarca de Santiago de Compostela afectados polas obras de humanización da N-550 en Milladoiro, no concello de Ames, para reclamar ao Ministerio de Transportes a liberación de peaxes no tramo da AP-9 entre Santiago e Padrón. A Responsábel Comarcal do BNG, Elvira Cienfuegos, destacou que esta medida permitiría reducir a intensidade do tráfico na N-550 durante as obras, facilitando unha mellor mobilidade para os usuarios da estrada.

“O BNG leva tempo reclamando que se poña fin á concesión da AP-9, que consideramos ilegal segundo o criterio da Unión Europea. Esta infraestrutura xa está amortizada, polo que non debemos seguir pagando por ela”, afirmou Cienfuegos, facendo fincapé en que, a curto prazo, a liberación de peaxes é a única medida eficaz para aliviar o tráfico na zona.

As obras, que reducirán a N-550 a un carril por sentido en determinados tramos, poderían provocar graves problemas de mobilidade, especialmente para vehículos pesados. “A única vía capaz de aliviar esta situación é a AP-9, polo que reclamamos a eliminación da peaxe no tramo Santiago-Padrón”, insistiu Cienfuegos.

O BNG convocou unha concentración simbólica mañá venres 27 de setembro, ás 11:30h, na rotonda de Milladoiro, coa participación do deputado nacionalista no Congreso, Néstor Rego, e outros representantes do BNG.

REUNIÓN NO CEP DE VENTÍN

O CEP Plurilingüe de Ventín, situado no Milladoiro, é un dos centros de Educación Primaria máis grandes de Galicia, cun alumnado que supera os 600 estudantes. Tanto a dirección do centro como a ANPA denuncian a falta de recursos, especialmente no que respecta ao número de profesores e o transporte escolar, situación que afecta á calidade educativa que reciben os estudantes.

Segundo explica a directora, María Pérez Escariz, ‘todas as aulas teñen máis de 20 alumnos, incluíndo estudantes con discapacidade recoñecida’. Engade que o problema vese agravado pola redución a 23 horas de docencia, unha medida que non foi compensada co aumento de profesorado nin co envío dos mestres de apoio que lles corresponde. Isto, segundo a directora, ‘mingua o dereito do alumnado a unha educación de calidade’.

O centro, que atende a un alumnado moi diverso, moitos con serias dificultades e algúns con barreiras idiomáticas, precisa máis persoal especializado. ‘Necesitan non só apoio educativo, senón tamén un seguimento emocional que non podemos ofrecerlles nas actuais condicións’, subliña María Pérez.

Outro dos problemas destacados é o transporte escolar. Segundo Margarita Murillo, da ANPA, o desdobramento das liñas de autobús impide que o alumnado chegue a tempo ás actividades extraescolares. ‘O transporte escolar é responsabilidade dunha empresa externa, pero o centro é o encargado de organizar as quendas, o que reduce o tempo que o profesorado pode dedicar ao alumnado’, explica Murillo, reclamando máis autobuses para garantir a puntualidade dos estudantes.

O BNG, que apoia as reivindicacións do centro, levará esta problemática ao Parlamento de Galicia e xa presentou unha moción para o pleno do Concello de Ames, que será debatida esta tarde. O obxectivo é reclamar máis docentes e transporte escolar suficiente para atender as necesidades do CEP Plurilingüe de Ventín.

‘Seguiremos loitando por unha educación pública e de calidade’, conclúen María Pérez e Margarita Murillo.

ÚLTIMAS

A USC, por baixo das 500 mellores universidades do mundo

Só 10 universidades españolas sitúanse entre as 500 mellores do mundo, segundo o Ranking Académico...

O Concello reduce ao imprescindible o uso municipal da auga ante a redución continuada do caudal do Tambre

O Concello de Santiago reduciu ao imprescindible o uso municipal de auga e anima...

Buscan ao sospeitoso de provocar un incendio este martes á beira do cemiterio de Boisaca

A Policía Local de Santiago de Compostela busca ao sospeitoso de orixinar un incendio xunto ao...

O CHUS defende o aumento de ambulancias ante as queixas

O complexo hospitalario universitario de Santiago de Compostela (CHUS) defendeu o aumento de ambulancias...

Ronald Rojas pecha as Festas da Peregrina cun pregón dedicado á integración da inmigración en Ames

O peche das Festas da Peregrina en Bertamiráns tivo como protagonista a inmigración, un...

UCIN reclama responsabilidades ao Concello de Ames pola xestión de proxectos e servizos

O coordinador de UCIN Galicia, José Luis Calo, fixo pública unha crítica á “pésima...

O Concello de Ames reclama á Xunta que execute xa a reparación da presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames volve instar á Xunta de Galicia a executar con urxencia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here