InicioSANTIAGOAMESBelén Toimil achega o atletismo ao alumnado de Ames a través do...

Belén Toimil achega o atletismo ao alumnado de Ames a través do programa Rural Athletics Girls

A lanzadora olímpica visitou os centros educativos de Barouta e Ventín para fomentar o deporte entre a rapazada

Publicado o

Xornal de Compostela

O pasado venres, a atleta olímpica e récord de España en lanzamento de peso, Belén Toimil, visitou os centros educativos CEIP da Barouta e CEP de Ventín no marco do programa Rural Athletics Girls, impulsado en Galicia pola Federación Galega de Atletismo. Durante a xornada, Toimil compartiu experiencias con máis de 200 alumnos e alumnas para promover a práctica do atletismo e destacar a importancia do deporte na educación.

A visita contou coa presenza do alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Deportes, Susana Señorís, e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín. A concelleira destacou a relevancia da iniciativa, sinalando que “este tipo de actividades poden espertar o interese polo atletismo en máis rapaces e rapazas”.

No CEIP de Barouta, Toimil falou co alumnado de 5º e 6º de primaria sobre a súa preparación como atleta de alto nivel e sobre outras disciplinas do atletismo. Os estudantes participaron en actividades como carreira de obstáculos, lanzamento de xavelina e lanzamento de peso, guiados pola propia atleta.

A xornada continuou no campo de lanzamento de Ventín, onde Belén Toimil realizou exercicios de lanzamento e compartiu o seu coñecemento co alumnado do CEP de Ventín. O programa Rural Athletics Girls busca dinamizar a práctica do atletismo en todas as rexións do país, loitando contra a despoboación no medio rural a través do deporte.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

María Rozas clausura o obradoiro de emprego Genius e presenta a app ‘Inxenius’

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou...

Borja Verea critica a estratexia turística do goberno local durante a súa presenza en Madrid

O portavoz do Partido Popular en Santiago de Compostela, Borja Verea, realizou este mércores...

O Concello de Ames garda un minuto de silencio polas vítimas do accidente de Adamuz

O Concello de Ames sumouse este luns á convocatoria impulsada pola Federación Española de...

Ames investiu máis de 393.000 euros na mellora das redes de auga, saneamento e drenaxe ao longo de 2025

O Concello de Ames, a través da súa entidade pública Augas de Ames EPEL,...

UCIN critica a xestión municipal en Ames e reclama explicacións polo uso de contratos menores

A formación política UCIN Galicia fixo pública este mércores unha valoración crítica sobre a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here