InicioSANTIAGOAMESA final do concurso 'Baila con Ames' celebrarase este sábado en Bertamiráns

A final do concurso ‘Baila con Ames’ celebrarase este sábado en Bertamiráns

Os finalistas competirán na fase final na praza de Chavián, con 2.500 euros en premios en xogo

Publicado o

Xornal de Compostela

Este sábado, 31 de agosto, a pista de deportes da praza de Chavián, en Bertamiráns, acollerá a fase final da primeira edición do concurso ‘Baila con Ames‘, a partir das 19:00 horas. Despois dunha intensa fase de preselección, na que destacou a alta calidade das actuacións, o xurado decidiu que todos os participantes nas dúas categorías avanzasen á final. Así, competirán 9 participantes na categoría individual ou en parella e 9 grupos. Entre os gañadores repartirase un total de 2.500 euros en premios.

Os finalistas interpretarán un baile cada un, evitando a repetición de temas musicais. De existir coincidencias, será a organización a encargada de resolver cal será o tema interpretado. O fallo do xurado, composto por tres profesionais do mundo do baile, será inapelable.

Este concurso, organizado pola Concellaría de Promoción Económica en colaboración coas asociacións de empresarios Novo Milladoiro e Xuntanza de Empresarios de Ames, iniciou a súa andaina o pasado 21 de xuño cunha xornada de preselección que contou coa participación de 65 persoas.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, valorou moi positivamente a acollida desta primeira edición, destacando o interese que xerou tanto en Ames como nos concellos veciños. “Este concurso nace para dar continuidade ao éxito do ‘Canta con Ames‘, e estamos moi satisfeitos coa resposta da comunidade”, afirmou.

Na final, que terá lugar este sábado, os participantes competirán en dúas categorías: individual/dúo, cun premio de 1.000 euros para o gañador, e grupos, onde se outorgarán 1.500 euros aos vencedores. Ademais dos premios monetarios, os gañadores recibirán un trofeo, unha cesta saudable, un vídeo profesional do seu paso polo concurso e a oportunidade de actuar nas Prebadaladas de Ames 2024.

ÚLTIMAS

Raxoi insta á Xunta a “manter a coordinación” entre os tres aeroportos galegos

A portavoz municipal do Concello de Santiago, Míriam Louzao, instou á Xunta de Galicia...

A Fundación do Panteón de Galegos e Galegas Ilustres, catalogada de interese cultural

A Fundación do Panteón de Galegos e Galegas Ilustres, situado na compostelá Igrexa de San...

O delegado do Goberno di que non é a súa “preocupación inmediata” a súa candidatura á Alcaldía de Santiago

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, defendeu que os socialistas de Santiago de...

O Goberno local aproba a rehabilitación do Centro Sociocultural de Vite e o plan para construír o novo IDIS

A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago aprobou este luns varios asuntos...

O BNG de Ames acusa o alcalde de vulnerar o regulamento do Pleno municipal

O grupo municipal do BNG de Ames vén de denunciar publicamente o que considera...

Pedro Blanco comprométese en Ames coa transformación urbana e eloxia os investimentos estatais

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, visitou este martes o concello de...

O Encontro de Patinaxe Artística reúne en Bertamiráns a preto de 200 escolares

O pavillón municipal de Bertamiráns acolleu na mañá do domingo, 1 de xuño, a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here