InicioSANTIAGOAMESO alcalde de Ames solicita á Xunta a ampliación do centro de...

O alcalde de Ames solicita á Xunta a ampliación do centro de saúde de Bertamiráns

Blas García xustifica a necesidade de mellorar as instalacións por problemas estruturais e un aumento de usuarios

Publicado o

Xornal de Compostela

O alcalde de Ames, Blas García, formalizou recentemente unha solicitude de reunión co Conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, para abordar a ampliación e reordenación do centro de saúde de Bertamiráns. Este centro, que leva máis de 30 anos en funcionamento, atende a máis de 15.000 usuarios e funciona tamén como Punto de Atención Continuada (PAC). Segundo García, as instalacións “están obsoletas e xa non responden ás necesidades dun concello con máis de 33.000 habitantes”.

O rexedor destacou que a demanda de melloras non é nova. “Predecesores do actual conselleiro xa recibiran solicitudes similares”, lembrou García, facendo referencia a un escrito enviado o 19 de xaneiro de 2023 ao anterior responsable da Consellería de Sanidade, Julio García Comesaña. No seu momento, o goberno local puxo a disposición da Xunta os terreos anexos ao centro para facilitar a ampliación, oferta que segue en vigor.

O centro de saúde presenta problemas estruturais e de distribución de espazos, que xunto cun déficit de profesionais, contribúen a unha situación de colapso. Blas García enfatizou a importancia de actualizar as instalacións, dado que Ames “é o único concello de Galicia con saldo vexetativo positivo e un dos poucos que continúa medrando ano tras ano”. “A Xunta debería premiar aos concellos que logramos romper a tendencia demográfica negativa, proporcionando servizos que se adapten ás necesidades dunha poboación en crecemento”, concluíu García.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Ames estrea o documental ‘8M A Voces’ no acto central do Día Internacional da Muller

O Concello de Ames celebrou este sábado o acto central de conmemoración do 8...

Ames organiza o espectáculo ‘Garavanciña’ de Migallas Teatro dentro da programación do programa Apego

O programa Apego continúa a desenvolver a súa programación de actividades para o primeiro...

UCIN insta a PP e BNG a promover unha moción de censura no Concello de Ames

O coordinador de José Luis Calo, representante de UCIN, fixo pública a súa petición...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here