InicioSANTIAGOAMESO Concello de Ames acolleu a final do concurso 'Canta con Ames'

O Concello de Ames acolleu a final do concurso ‘Canta con Ames’

Anaís Fernández, Paula Barreiro e o dúo Silvia Veiga e Cecilia Pardo alzáronse coas vitorias nas distintas categorías

Publicado o

Xornal de Compostela

O pasado domingo 11 de agosto, o parque do Ameneiral, en Bertamiráns, acolleu a fase final da cuarta edición do concurso ‘Canta con Ames’. Esta actividade, organizada pola Concellaría de Promoción Económica, contou cunha ampla participación de veciños e veciñas que se achegaron para ver en directo as actuacións dos 12 finalistas.

Os concursantes interpretaron dúas cancións de estilos variados sen repetir temas. O xurado decidiu que as gañadoras desta edición foron Anaís Fernández na categoría de persoas ata 17 anos, Paula Barreiro na categoría de maiores de 18 anos e Silvia Veiga e Cecilia Pardo na categoría de dúos e tríos.

Durante a final, tamén se destacou a presenza de Samuel Fernández, que interpretou unha canción en homenaxe a Paco de Lucía. Un momento emotivo da noite foi o de Andrea Pernas, que decidiu compartir o seu terceiro premio na categoría de persoas ata 17 anos con Nerea Nieto, outra finalista da mesma categoría.

O evento tamén incluiu recoñecementos especiais para Rosa Arauzo, a participante de maior idade con 78 anos, e José Manuel Fernández, usuario da asociación Arcea-Adames. Ademais, a organización agradeceu á empresa Iluminaciones Santiaguesas e á Comisión de Festas de Bertamiráns pola súa colaboración.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, expresou o seu agradecemento ás persoas que participaron no certame, ás que felicitou e convidou a participar na próxima edición. Tamén deu as grazas aos membros do xurado, á presentadora Loli Gómez e ás empresas e entidades que fixeron posible o evento.

Os gañadores recibiron premios que inclúen un trofeo, unha cesta saudable da froitería Tómate Más Fruta, un vídeo profesional sobre a súa participación e a posibilidade de actuar nas celebracións de fin de ano.

ÚLTIMAS

Un grupo de corredores completan 51 km entre Melide e Santiago para visibilizar o rexeitamento social a Altri e á mina de Touro-O Pino

Un grupo de 14 corredores de montaña percorreu este domingo os 51 quilómetros que...

Muíños advirte de que a crise dos bombeiros esixe decisións políticas inmediatas

O portavoz das edilas non adscritas no Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, elevou este...

A Policía Nacional investiga a morte dunha muller ao caerlle enriba unha neveira no seu domicilio en Santiago

A Policía Nacional abriu unha investigación para aclarar as circunstancias da morte dunha muller...

Os Bombeiros volven alertar da situación: Santiago respondeu con 9 bombeiros ao que Toledo afrontou con 20

A situación do servizo municipal de bombeiros volveu ao centro do debate en Santiago...

Ames acende o Nadal cun acto participativo e homenaxe ao comercio local

A praza do Concello de Bertamiráns converteuse esta tarde no punto de encontro da...

Evacúan un home tras envorcar co seu vehículo en Ames

Un home tivo que ser evacuado tras envorcar co seu vehículo cerca do vello...

Ames impulsa unha nova edición de ‘Ilumina o teu sorriso’ para promover o comercio local

A Casa do Concello de Bertamiráns acolleu esta mañá a presentación dunha nova edición...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here