InicioSANTIAGOAMESO alcalde de Ames solicita unha reunión co presidente da Xunta para...

O alcalde de Ames solicita unha reunión co presidente da Xunta para o impulso de proxectos clave

Blas García destaca a importancia da colaboración entre o Concello de Ames e a Xunta de Galicia para o desenvolvemento do municipio

Publicado o

Xornal de Compostela

O alcalde de Ames, Blas García, solicitou unha reunión co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, para abordar varios proxectos considerados vitais para o futuro do municipio. Entre estes proxectos destacan o enlace do polígono do Novo Milladoiro coa AG-56, a futura praza de Abastos, a depuradora de Sisalde, o polígono empresarial de Bertamiráns e a promoción de vivenda de protección pública.

García subliña a necesidade desta xuntanza para asegurar a cooperación entre a Xunta e o Concello nun mandato que considera “vital para o futuro do municipio”. Segundo o alcalde, “o concello maiano é un referente en Galicia, non só a nivel de crecemento demográfico e saldo vexetativo, senón tamén a nivel de calidade de vida da veciñanza e de oferta de servizos públicos”. Ademais, resaltou a importancia das empresas instaladas no termo municipal, moitas delas con relevancia estatal e internacional.

O alcalde explicou que “Ames necesita á Xunta de Galicia, pero a Xunta tamén necesita que Ames manteña o impulso que fai que sexa o único concello de Galicia con saldo vexetativo positivo e a media de idade máis baixa de entre todos os concellos galegos. O modelo de Ames funciona e é exportable a outros municipios”.

Entre os proxectos prioritarios está o enlace do polígono do Novo Milladoiro coa AG-56. O Concello de Ames estudou varias opcións, como habilitar un enlace desde a rotonda da N-550 no límite con Santiago ou abrir un novo enlace desde a Rocha ou Pardiñas. Outro estudo suxire a apertura dun enlace desde a AG-56 á altura da Rocha para conectar co polígono. “Tiñamos un compromiso co anterior presidente, gustaríanos que o actual cumpra con esta responsabilidade herdada”, afirmou García.

O proxecto do Mercado de Abastos de Ames, que se construirá na Casa de Barbazán en Bertamiráns, integrará doce postos e reorganizará o aparcamento para eventos no exterior. A Deputación da Coruña colaborará con 700.000 euros para materializar o proxecto. García destacou que “a Xunta de Galicia non pode quedar ao marxe”.

Outro proxecto é a ampliación da depuradora de Sisalde, que está sobrepasada en capacidade, atendendo arredor de 14.000 usuarios adicionais á súa capacidade máxima. “Esperamos que este compromiso herdado non sexa esquecido”, subliñou o alcalde.

O polígono empresarial de Bertamiráns tamén é unha prioridade, con 50.000 metros cadrados contemplados no PXOM que se pretenden elevar ata os 200.000. Varias empresas solicitaron información sobre a dispoñibilidade de terreo e prazos para a construción desta área empresarial.

Finalmente, a promoción de vivenda de protección pública é central nas políticas do mandato 2023-2027. O alcalde recordou que “a vivenda é un punto clave do mandato e que xa está traballando xunto co IGVS para a creación de máis de 200 vivendas de protección pública no Milladoiro”.

ÚLTIMAS

Santiago celebra 40 anos como Patrimonio da Humanidade e redefine os seus retos de futuro

Santiago de Compostela celebrou este venres o 40º aniversario da súa declaración como Patrimonio...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Ames acende o Nadal cun acto participativo e homenaxe ao comercio local

A praza do Concello de Bertamiráns converteuse esta tarde no punto de encontro da...

Evacúan un home tras envorcar co seu vehículo en Ames

Un home tivo que ser evacuado tras envorcar co seu vehículo cerca do vello...

Ames impulsa unha nova edición de ‘Ilumina o teu sorriso’ para promover o comercio local

A Casa do Concello de Bertamiráns acolleu esta mañá a presentación dunha nova edición...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here