InicioSANTIAGOAMESAmes inaugura as súas festas coa celebración da Madalena no Milladoiro

Ames inaugura as súas festas coa celebración da Madalena no Milladoiro

As festas, que durará dez días, inclúe actuacións musicais, obradoiros e actividades para todas as idades

Publicado o

Xornal de Compostela

Hoxe, venres 2 de agosto, comezan as festas en Ames coa inauguración do programa ‘Ames en festas 2024’. O evento arranca no Milladoiro coas festas da Madalena, que se prolongarán ata o martes 6 de agosto. A partir das 19:00 horas, celebrarase a décimo terceira edición do Millarock nos escenarios do anfiteatro do Milladoiro e do aparcadoiro da Travesía do Porto.

As festas da Madalena continuarán con actuacións de orquestras como Metrópolis, Combo Dominicano, Panorama e Gran Parada. O sábado 3 de agosto, ás 22:30 horas, realizarase o pregón de inicio das festas de Ames a cargo de Alberto Gómez, presidente da Confraría da Madalena do Milladoiro.

Este ano, os núcleos de O Milladoiro e Bertamiráns celebran conxuntamente as festas da Madalena e da Peregrina, nunha programación que se estenderá ata o domingo 11 de agosto. O evento conta coa colaboración do Concello de Ames, as comisións de festas da Madalena e da Peregrina e a Xuntanza de Empresarios de Ames.

Millarock: inicio de ‘Ames en Festas’

O festival Millarock contará con destacadas bandas de rock galego como Dakidarría, Agoraphobia, Biribirlocke e Onda Dagda. As actividades comezarán hoxe pola tarde no anfiteatro do Milladoiro cun concerto didáctico ás 19:00 horas, seguido do obradoiro “Sube e Toca” ás 20:00 horas, organizados pola Escola A Casa do Rock. Ás 21:00 horas, actuará o grupo amesán Onda Dagda. A partir das 22:00 horas, o Millarock trasladarase ao aparcadoiro da Travesía do Porto, onde se presentarán Biribirlocke, Agoraphobia e Dakidarría.

Obradoiros de circo en familia

Hoxe pola tarde, de 17:00 a 19:00 horas, na área deportiva do Milladoiro, a compañía Pistacatro ofrecerá un obradoiro de circo en familia, completando a programación das festas da Madalena. A Escola de Saltimbanquis permitirá aos participantes descubrir os segredos do mundo do circo.

Pregón de inicio das festas

O pregón de inicio das festas será mañá sábado, ás 22:30 horas, na Travesía do Porto, antes da actuación da orquestra Metrópolis. Alberto Gómez falará da súa experiencia como membro da comisión de festas da Madalena, compartindo anécdotas e recordos das festas ao longo dos anos.

Cartel das festas da Madalena

O sábado 3 de agosto actuarán a Requinta da Amaía, a orquestra Metrópolis e a discoteca móbil Euforia. O domingo 4 de agosto será a quenda de Airiños do Paseo de Colón coa Banda de música de Brión, o Combo Dominicano e a discoteca móbil Impacto. O luns 5 de agosto, actuarán a orquestra Panorama e a discoteca móbil CDC. As festas da Madalena concluirán o martes 6 de agosto coa actuación da orquestra Gran Parada.

Festa infantil para a rapazada

No marco do programa “Ames en Festas”, celebraranse dúas festas infantís. O martes 6 de agosto, no parque verde central do Milladoiro, terá lugar unha festa infantil con diversas actividades dirixidas aos nenos e nenas.

Prohibicións de estacionamento

Con motivo das festas, estará prohibido estacionar desde o venres 2 de agosto ata o mércores 7 de agosto nas seguintes rúas:

  • Rúa Travesía do Porto, desde o cruce coa rúa Cereixos ata o cruce coa rúa Pardiñeiros.
  • Rúa Agriños (incluíndo aparcadoiro) ata o cruce coa avenida Muíño Vello.

Ademais, haberá cortes de tráfico puntuais na rúa Cereixos e desvíos de tráfico.

ÚLTIMAS

O Concello reabrirá o luns a rúa do Pombal tras completar as obras de mellora e accesibilidade

A rúa do Pombal reabrirá ao tráfico o luns 14 de abril, despois de...

A Policía Local detecta 157 infraccións por exceso de velocidade en cinco vías de Santiago

Unha campaña de control de velocidade realizada pola Policía Local de Santiago de Compostela...

O Consorcio de Santiago impulsará a restauración do arco de Mazarelos e da fonte de Praterías

O Consorcio de Santiago acometerá ao longo deste ano a restauración do arco de...

Santiago autoriza dúas pancartas contra a mina de Touro e a guerra en Gaza na Alameda

Por iniciativa da Plataforma veciñal de Mina Touro-O Pino NON e coa autorización Concello...

Ames propón á Zona Franca de Vigo colaborar no desenvolvemento do polígono empresarial de Bertamiráns

O Concello de Ames iniciou contactos coa Zona Franca de Vigo para explorar vías...

Movemento Sumar insta a restaurar o cartel LGTBIQA+ queimado no Milladoiro

O Secretario LGTBIQA+ de Movemento Sumar en Terras de Compostela, Álvaro González, denunciou este...

Ames propón melloras na liña de autobús municipal para atender as demandas da veciñanza

O Concello de Ames reuniuse esta mañá coa Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here