InicioSANTIAGOAMESAprobado o nomeamento de Genma Otero como nova xerente de Augas de...

Aprobado o nomeamento de Genma Otero como nova xerente de Augas de Ames

O alcalde Blas García acusa á oposición de antepoñer os intereses particulares ao beneficio da veciñanza co seu voto en contra

Publicado o

Xornal de Compostela

O Consello de Administración da Empresa Pública Empresarial Local (EPEL) de Ames aprobou, na súa reunión de hoxe, o nomeamento de Genma Otero Uhía como nova xerente da entidade, cun resultado de votación de 6 a favor e 6 en contra, decidindo o voto de calidade do alcalde a favor da nomeación. A decisión contou co apoio dos representantes do grupo de goberno, traballadores e veciños, destacando a importancia deste paso para o funcionamento eficiente da empresa municipal de augas de Ames.

O alcalde de Ames, Blas García, destacou a relevancia do nomeamento para o funcionamento normal de Augas de Ames e expresou agradecemento á “responsabilidade da veciñanza e dos traballadores”, cuxos votos, xunto cos do grupo de goberno, facilitaron o nomeamento. Por outra banda, criticou a postura dos grupos da oposición, que tentaron impedir o nomeamento da xerente por razóns que considerou de “animadversión cara á persoa escollida ou por sacar beneficio político a calquera prezo”, acusándoos de antepoñer os intereses particulares ao beneficio da veciñanza de Ames.

Genma Otero Uhía, a única candidata que cumpriu cos requisitos expostos nas bases aprobadas polo Consello de Administración, empezará a exercer como xerente a partir do 1 de xullo, tras un proceso selectivo. Esta decisión é vista como crucial para a adecuada xestión dos recursos hídricos e o mantemento das infraestruturas da empresa pública.

Nos próximos días, o persoal de obra do EPEL de Ames trasladarase a unha nova nave en Guimaráns, Bugallido, e comezará a utilizar a roupa de traballo coa nova imaxe corporativa de Augas de Ames, que tamén se aplicará nos vehículos, cintas de baliza e outros elementos, así como na páxina web e oficinas da empresa.Aprobado o nomeamento da nova xerente de Augas de Ames tras unha votación igualada

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Ames estrea o documental ‘8M A Voces’ no acto central do Día Internacional da Muller

O Concello de Ames celebrou este sábado o acto central de conmemoración do 8...

Ames organiza o espectáculo ‘Garavanciña’ de Migallas Teatro dentro da programación do programa Apego

O programa Apego continúa a desenvolver a súa programación de actividades para o primeiro...

UCIN insta a PP e BNG a promover unha moción de censura no Concello de Ames

O coordinador de José Luis Calo, representante de UCIN, fixo pública a súa petición...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here