InicioSOCIEDADEAmes pecha fontes, suspende o rego e prepara bombas ante unha situación...

Ames pecha fontes, suspende o rego e prepara bombas ante unha situación de seca “peor que en 2017”

O Concello activa medidas preventivas pola prealerta no sistema do Tambre e advirte de que, se o nivel do río segue baixando, podería chegar a ser imposible captar auga

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames convocou este mércores unha reunión urxente con distintos departamentos municipais e empresas de xestión hídrica para adoptar medidas preventivas ante a situación de prealerta por seca decretada pola Xunta no sistema do río Tambre. Entre as principais decisións adoptadas figura o peche de todas as fontes públicas e a supresión do rego en parques, xardíns e hortas urbanas. O alcalde, Blas García, cualificou a situación de “inédita” e asegurou que os indicadores actuais son peores que os rexistrados en 2017, ata agora o episodio máis crítico.

A TUBAXE DE CAPTACIÓN XA ESTÁ 12 CENTÍMETROS AO DESCUBERTO

Segundo explicou o rexedor, a tubaxe de captación atópase nestes momentos con 12 centímetros ao descuberto, mentres que en 2017 aínda permanecía baixo cinco centímetros de auga. “Se o nivel do Tambre segue baixando, chegará un momento no que non poderemos captar auga”, advertiu García. Para afrontar ese posible escenario, o Concello acordou mercar un sistema de bombas que permita garantir o abastecemento se as tubaxes quedan completamente ao descuberto. Tamén se estuda a adquisición de cisternas para subministrar auga aos núcleos rurais que non están conectados á rede municipal.

SEN BALDEO E CON CORTES DE AUGA EN INSTALACIÓNS MUNICIPAIS

Ademais do peche de fontes e da suspensión do rego, manterase tamén a supresión do baldeo das rúas. O Concello cortará igualmente a auga dos vestiarios das piscinas municipais, aínda que manterá operativas as duchas de acceso ás instalacións. A Policía Local xa recibiu instrucións para vixiar e, se procede, sancionar posibles usos indebidos da auga.

AMES CREA UNHA COMISIÓN DA SECA

O goberno local anunciou tamén a posta en marcha dunha Comisión da Seca, na que participarán técnicos municipais, grupos da oposición e comunidades de veciños que dispoñen de sistemas propios de abastecemento. A primeira reunión está prevista para a vindeira semana. Ademais, Ames coordinará medidas de aforro cos concellos de Brión, co que comparte potabilizadora, e Santiago de Compostela, xa que unha parte do abastecemento amesán depende da captación da capital galega.

RECLAMA UNHA ACTUACIÓN URXENTE NA PRESA DE PONTE MACEIRA

Por último, Blas García anunciou que solicitará formalmente á Xunta de Galicia unha actuación urxente na presa de Ponte Maceira. O Concello denuncia que existe unha fuga de auga nesta infraestrutura que afecta directamente á captación de Ames e considera necesario actuar para reducir as perdas nun contexto de crecente escaseza.

ÚLTIMAS

O Sindicato de Vivenda reúne decenas de persoas no Obradoiro para decidir novas mobilizacións

Decenas de persoas participaron na tarde deste martes nunha asemblea convocada polo Sindicato de...

O Sindicato de Vivenda de Compostela ve insuficientes os decretos do Goberno e mantén as mobilizacións

O Sindicato de Vivenda de Compostela considera insuficientes os dous reais decretos aprobados este...

A CIG denuncia a agresión a unha condutora do bus urbano de Santiago e acusa a Monbus de obrigala a continuar o servizo

A CIG denunciou unha suposta agresión a unha condutora do transporte urbano de Santiago...

Vox denuncia a Goretti Sanmartín e á subdelegada do Goberno polos incidentes no seu acto de Santa Marta

Vox anunciou este martes a presentación dunha denuncia penal contra a alcaldesa de Santiago,...

Gemma Arenas bate o récord mundial W45 e logra o bronce no Mundial de 100 quilómetros de Ames

Ames converteuse este domingo nun dos principais escenarios do atletismo internacional coa celebración do...

Ames reunirá 392 atletas de 43 países no Mundial de 100 quilómetros

O concello de Ames converterase o próximo 20 de setembro nun dos centros do...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...