InicioSANTIAGOAMESO BNG leva ao Congreso as deficiencias das obras de humanización do...

O BNG leva ao Congreso as deficiencias das obras de humanización do Milladoiro

Néstor Rego pregunta ao Ministerio de Transportes polas actuacións previstas tras a recepción administrativa dunha obra de máis de catro millóns de euros no Concello de Ames

Publicado o

Xornal de Compostela

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, presentou o pasado 26 de xaneiro varias preguntas dirixidas ao Ministerio de Transportes en relación co estado das obras de humanización executadas no Milladoiro, no Concello de Ames. A iniciativa chega despois de que o 29 de decembro de 2025 se fixese público na web municipal o trámite administrativo de recepción das obras.

Segundo expón Rego nas súas preguntas parlamentarias, a pesar dese trámite formal, existen “evidentes deficiencias das obras executadas polo adxudicatario” que impiden considerar a actuación como correctamente finalizada. O deputado nacionalista apunta á necesidade de examinar que accións deben adoptarse para garantir un remate axeitado conforme ás condicións técnicas e contractuais do proxecto.

As obras de humanización do Milladoiro, que supuxeron un investimento superior aos catro millóns de euros, veñen sendo obxecto de críticas por parte do BNG debido a múltiples eivas detectadas tras a súa execución. Entre elas figuran a falta de medidas de seguridade para persoas con discapacidade, pasos de peóns e marquesiñas sen nivelar, carencias no axardinamento, acabados defectuosos, problemas na pintura da sinalización horizontal, deficiencias na colocación de semáforos e doutros elementos verticais, así como o deterioro prematuro dalgúns traballos de pintura.

A voceira do BNG de Ames, Escarlata Pampín, sinala que o obxectivo das preguntas formuladas no Congreso é coñecer “que actuacións concretas emprenderá o Ministerio para corrixir os numerosos defectos detectados”. Desde a formación nacionalista tamén se apunta á posibilidade de valorar medidas administrativas vinculadas ao contrato da obra, como a non devolución ou a retención da garantía definitiva, mentres persistan defectos de execución atribuíbles á empresa contratista e non sexan corrixidos conforme ás esixencias establecidas.

O BNG explica que esta vía ante o executivo central se adopta tras ter realizado numerosas solicitudes de información e preguntas ao goberno municipal sen obter, ao seu xuízo, solucións efectivas. O grupo considera prioritario que se resolvan canto antes as deficiencias detectadas co fin de garantir que a actuación cumpra o seu propósito inicial de mellorar a mobilidade e a seguranza da veciñanza do Milladoiro.

ÚLTIMAS

O Compos vence ante o Alondras (3-0) no Vero Boquete e rompe a mala xeira de resultados

A SD Compostela regresou á senda da vitoria no estadio Verónica Boquete de San...

Queremos Galego presenta en Santiago o protocolo ‘Lingua Vital’ para responder á “emerxencia lingüística”

A plataforma cidadá Queremos Galego celebrou este sábado na praza da Quintana de Santiago...

A campaña municipal ‘Ler para Crecer’ reúne máis de 2.800 participantes nas súas actividades

A XX Campaña Municipal de Animación á Lectura ‘Ler para Crecer’, organizada polo Concello...

Médicos galegos volven manifestarse en Santiago e esixen negociar para parar a folga

Médicos de atención primaria e hospitalaria volveron mobilizarse este sábado en Santiago de Compostela...

O BNG denuncia deficiencias no transporte público entre Bertamiráns, O Milladoiro e Santiago

O Bloque Nacionalista Galego denunciou as deficiencias do transporte público que conecta o concello...

Ames estrea o documental ‘8M A Voces’ no acto central do Día Internacional da Muller

O Concello de Ames celebrou este sábado o acto central de conmemoración do 8...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here