InicioSANTIAGOAMESA Aula da Natureza de Ames programa un curso avanzado de cestería...

A Aula da Natureza de Ames programa un curso avanzado de cestería entre febreiro e marzo

A actividade, organizada pola Concellaría de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, desenvolverase en seis sesións de fin de semana e contará con dez prazas

Publicado o

Xornal de Compostela

A Aula da Natureza de Ames abrirá o ano 2026 cun curso avanzado de cestería, unha actividade formativa organizada pola Concellaría de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural e dirixida a persoas adultas interesadas en afondar nas técnicas artesás tradicionais de elaboración de cestos.

O curso desenvolverase ao longo de seis sábados dos meses de febreiro e marzo, concretamente os días 7, 14, 21 e 28 de febreiro e 7 e 14 de marzo, en horario de 10.00 a 14.00 horas, cun total de 24 horas de formación. As sesións terán lugar nas instalacións da Aula da Natureza, situadas no lugar de Quintáns, na parroquia da Ameixenda, así como na contorna do río Sar, onde se realizará parte do traballo de recollida de material vexetal.

A actividade será impartida polo artesán Luís do Río Pena, quen guiará ás persoas participantes ao longo de todo o proceso de elaboración, desde a selección da materia prima ata os remates finais das pezas.

O programa do curso inclúe contidos progresivos que abranguen desde a cestería básica con láminas de casca de eucalipto, a selección e recollida de material vexetal, o laminado e labrado da madeira, o tecido dos cestos en dúas fases e, finalmente, os remates e acabados das pezas elaboradas.

Para esta actividade ofértanse 10 prazas, que se asignarán por rigorosa orde de inscrición. As persoas interesadas deberán formalizar a súa participación enviando o impreso de inscrición ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal. O prazo para presentar solicitudes estará aberto do 28 de xaneiro ao 5 de febreiro.

Con esta proposta, a Aula da Natureza continúa a súa programación de actividades formativas vinculadas ao coñecemento do medio natural e á posta en valor das técnicas artesás tradicionais no ámbito rural do concello de Ames.

ÚLTIMAS

O Compos vence ante o Alondras (3-0) no Vero Boquete e rompe a mala xeira de resultados

A SD Compostela regresou á senda da vitoria no estadio Verónica Boquete de San...

Queremos Galego presenta en Santiago o protocolo ‘Lingua Vital’ para responder á “emerxencia lingüística”

A plataforma cidadá Queremos Galego celebrou este sábado na praza da Quintana de Santiago...

A campaña municipal ‘Ler para Crecer’ reúne máis de 2.800 participantes nas súas actividades

A XX Campaña Municipal de Animación á Lectura ‘Ler para Crecer’, organizada polo Concello...

Médicos galegos volven manifestarse en Santiago e esixen negociar para parar a folga

Médicos de atención primaria e hospitalaria volveron mobilizarse este sábado en Santiago de Compostela...

O BNG denuncia deficiencias no transporte público entre Bertamiráns, O Milladoiro e Santiago

O Bloque Nacionalista Galego denunciou as deficiencias do transporte público que conecta o concello...

Ames estrea o documental ‘8M A Voces’ no acto central do Día Internacional da Muller

O Concello de Ames celebrou este sábado o acto central de conmemoración do 8...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here