InicioSANTIAGOAMESO Concello de Ames pon á venda as entradas do Ames Cultural...

O Concello de Ames pon á venda as entradas do Ames Cultural para o primeiro semestre de 2026

Os billetes poden adquirirse desde 2,5 euros a través da billeteira electrónica municipal e nas casas da cultura de Bertamiráns e O Milladoiro, con descontos para diferentes colectivos

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, abriu a venda de entradas para todos os espectáculos incluídos na programación do Ames Cultural correspondente ao primeiro semestre de 2026. Os billetes poden adquirirse xa mediante a billeteira electrónica municipal ou de maneira presencial nas casas da cultura de Bertamiráns e O Milladoiro o propio día de cada función, ata unha hora antes do seu inicio ou ata completar aforo.

Unha vez rematado o período de adquisición dos bonos culturais, o Concello estableceu prezos individuais a partir de 2,5 euros, cunha redución do 50% para distintos colectivos. Este desconto aplicarase a estudantes con carné, persoas maiores de 60 anos, menores de 12, familias numerosas, titulares do carné xove e persoas demandantes de emprego.

A programación do primeiro semestre arrinca este mes coa representación da obra ‘As Gardiás’, da compañía Teatro de Ningures, prevista para o 21 de xaneiro na Casa da Cultura de Bertamiráns. O calendario estenderase ata o 9 de maio, data na que se ofrecerá unha dobre representación de ‘ICTUS (anatomía de “A derradeira leición” de Castelao)’, a cargo do Grupo Chévere.

Esta última proposta forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Ames, co obxectivo de facilitar o acceso da veciñanza a producións destacadas do panorama escénico galego.

Alén da venda en liña, as entradas tamén poderán retirarse de maneira presencial no espazo no que teña lugar cada espectáculo, xa sexa na Casa da Cultura de Bertamiráns ou na Casa da Cultura do Milladoiro. As billeteiras físicas abrirán no mesmo día da representación e permanecerán operativas ata unha hora antes do comezo de cada función ou ata que se complete o aforo dispoñible.

ÚLTIMAS

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

Convocan unha mobilización en Santiago contra o colapso sanitario: “Ou nos mobilizamos ou a sanidade seguirá destruída”

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha concentración para o domingo 1 de febreiro...

O Concello de Santiago adxudica a Eulen o contrato de dinamización da rede de centros socioculturais

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou a adxudicación do contrato de...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Concello de Ames garda un minuto de silencio polas vítimas do accidente de Adamuz

O Concello de Ames sumouse este luns á convocatoria impulsada pola Federación Española de...

Ames investiu máis de 393.000 euros na mellora das redes de auga, saneamento e drenaxe ao longo de 2025

O Concello de Ames, a través da súa entidade pública Augas de Ames EPEL,...

UCIN critica a xestión municipal en Ames e reclama explicacións polo uso de contratos menores

A formación política UCIN Galicia fixo pública este mércores unha valoración crítica sobre a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here