InicioSANTIAGOAMESO Concello de Ames impulsa o primeiro proxecto de autoconsumo colectivo a...

O Concello de Ames impulsa o primeiro proxecto de autoconsumo colectivo a través das comunidades enerxéticas

O goberno local contrata asistencia técnica para avanzar na instalación de plantas fotovoltaicas e lanza a web 'Ames Enerxía' como ferramenta informativa para a veciñanza

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Xestión do Medio Natural, avanza na implantación das comunidades enerxéticas no municipio coa contratación dun servizo de asistencia técnica destinado a apoiar tanto ao propio Concello como ás Comunidades Enerxéticas de Ames na execución do seu primeiro proxecto de autoconsumo colectivo. O obxectivo desta actuación é dispor de asesoramento técnico especializado tanto no proceso de instalación de plantas fotovoltaicas como na xestión coas diferentes empresas comercializadoras de electricidade.

O Concello participa como un socio máis na entidade ‘Comunidade Enerxética Ames Solar’, unha asociación sen ánimo de lucro que promove a produción e o consumo compartido de enerxía, principalmente a través de proxectos de instalación solar fotovoltaica no termo municipal. A asociación está integrada por 42 socios e socias e conta cunha xunta directiva diversa, con representación de parroquias como Trasmonte, Ames, Biduído ou Tapia, entre outras, así como membros procedentes de practicamente todas as parroquias do concello.

A contratación desta asistencia técnica ten como finalidade facilitar a posta en marcha do primeiro proxecto piloto, ao tempo que se establece unha metodoloxía de traballo que poida ser sólida e replicable en futuras actuacións. O concelleiro de Xestión do Medio Natural, Javier Antelo, explicou que “esta actuación facilita a definición dunha metodoloxía de traballo sólida e escalable, que permitirá sentar as bases para o desenvolvemento de novas instalacións en cubertas municipais, ao tempo que garante a coordinación efectiva entre os distintos axentes implicados”.

Segundo indicou o edil, esta iniciativa contribúe de maneira directa á implantación da Axenda Urbana de Ames e ao cumprimento dos obxectivos europeos da transición verde, así como á transformación dixital, á participación cidadá e á democratización do acceso á enerxía renovable, en coherencia co Pacto Verde Europeo.

O proxecto enmárcase como continuidade das axudas recibidas para a creación da Oficina de Transformación Comunitaria (OTC), dentro do Programa CE-OFICINAS, impulsado polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU. A través da OTC desenvolvéronse accións de difusión e dinamización das comunidades enerxéticas e, con este novo contrato, preténdese dar o salto á materialización efectiva do primeiro proxecto de autoconsumo colectivo.

No marco deste proceso, o Concello puxo en marcha a páxina web ‘Ames Enerxía’, concibida como unha ferramenta informativa para a veciñanza interesada en participar na comunidade enerxética. Ademais, a semana pasada celebrouse unha nova xuntanza da asociación ‘Comunidade Enerxética Ames Solar’ para continuar avanzando na creación destas iniciativas. As persoas interesadas poden ampliar información tamén a través do correo electrónico asociacionamessolar@gmail.com.

ÚLTIMAS

A CIG anuncia mobilizacións contra Monbus e reclama a readmisión dun traballador despedido tras a folga en Santiago

A CIG anunciou novas mobilizacións e accións penais contra o grupo Monbus para reclamar...

A néboa e o vento obrigan a desviar sete voos con destino a Santiago

As condicións meteorolóxicas complicaron este martes pola tarde a operativa do aeroporto de Santiago-Rosalía...

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...

O persoal de limpeza e conserxaría de Santiago suspende a folga tras lograr avances con Lacera

A CIG informa de que o persoal de limpeza e conserxaría dos colexios e...

Ames reunirá 392 atletas de 43 países no Mundial de 100 quilómetros

O concello de Ames converterase o próximo 20 de setembro nun dos centros do...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here