InicioSANTIAGOAMESO Concello de Ames inicia a venda das entradas da Festa de...

O Concello de Ames inicia a venda das entradas da Festa de Fin de Ano con 320 billetes xa adquiridos nas primeiras horas

O municipio activa tamén o dispositivo especial de transporte, o novo Tardeo do 31 e as propostas hostaleiras para a mañá de Aninovo

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames abriu esta mañá, ás 10:00, o prazo para facerse coas entradas da Festa de Fin de Ano, que este ano se celebrará no pavillón de Bertamiráns. Nunhas horas, ata ás 14:00, contabilizáronse xa 320 billetes vendidos, dispoñibles unicamente en formato dixital mediante a ligazón oficial. As persoas interesadas poden adquirilos ata o 28 de decembro, cun prezo anticipado de 25 euros máis 0,65 euros de gastos de xestión. A entrada dá acceso ao evento, previsto entre 1:00 e 8:00, e inclúe dúas consumicións, servizo de roupeiro e acceso ao autobús especial municipal.

Para facilitar a mobilidade da veciñanza durante a madrugada do 1 de xaneiro, a organización activará unha liña fixa de autobús, con saída á 1:00 e paradas en O Milladoiro (centro de saúde), Bugallido (farmacia), Ortoño / Agro do Muíño (As Cortes), Bertamiráns (Casa do Concello) e As Mimosas.

A volta desde o pavillón de Bertamiráns comezará ás 4:00, con frecuencias horarias ata as 8:00. O Concello estuda ademais unha segunda liña baixo demanda para atender outras necesidades, e anima a enviar propostas ao correo gabinete@ames.gal.

A Xuntanza de Empresarios de Ames impulsa este ano unha campaña específica para promover o consumo de chocolate con churros en Bertamiráns na mañá do 1 de xaneiro, convidando tanto ás persoas asistentes á festa como ao público en xeral a participar nesta tradición nos bares e cafeterías da zona.

O Concello presenta o lema ‘Este 31 de decembro queda no teu concello… Fin de Ano en Ames!’ para unha proposta que busca concentrar no municipio as celebracións do remate de 2025. Xunto á Festa de Fin de Ano —dirixida a maiores de 18 anos—, haberá Prebadaladas e o novo Tardeo, pensado para todos os públicos.

O Tardeo celebrarase na Praza do Concello, entre as 17:00 e as 21:00, e contará coa música de DJ Wana do Milladoiro e cunha barra atendida polos locais StreetGarden, Asador Vacavella e O Transistor. A proposta pretende crear ambiente festivo desde a tarde, incentivando os encontros veciñais nun espazo céntrico e accesible.

ÚLTIMAS

Non hai Roma sen Santiago, nin Santiago sen Roma: unha pequena biografía das dúas cidades

Dúas "pequenas biografías" sobre o desenvolvemento de Santiago e Roma durante os Anos Santos...

Atropelada unha menor na rúa do Hórreo en Santiago de Compostela

Unha menor resultou ferida na mañá deste martes ao ser atropelada na rúa do...

Santiago reabre os parques pechados pola alerta amarela

O Concello de Santiago anunciou esta mañá o peche temporal dos parques municipais debido...

A Xunta destina 754.000 euros á investigación lingüística e renova o apoio ao Imelga

O Consello da Xunta, presidido por Alfonso Rueda, aprobou diversos acordos en materia de...

Ames acende o Nadal cun acto participativo e homenaxe ao comercio local

A praza do Concello de Bertamiráns converteuse esta tarde no punto de encontro da...

Evacúan un home tras envorcar co seu vehículo en Ames

Un home tivo que ser evacuado tras envorcar co seu vehículo cerca do vello...

Ames impulsa unha nova edición de ‘Ilumina o teu sorriso’ para promover o comercio local

A Casa do Concello de Bertamiráns acolleu esta mañá a presentación dunha nova edición...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here