InicioSANTIAGOAMESO río Sar supera o nivel de prealerta en Bertamiráns e Ames...

O río Sar supera o nivel de prealerta en Bertamiráns e Ames entra en fase de preemerxencia por risco de inundacións

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames informou esta mañá da activación dun aviso de nivel laranxa por risco de avenidas, logo de que a estación da Rede de Aforos de Augas de Galicia no río Sar, en Bertamiráns, superase o limiar de prealerta. A situación podería derivar en enchido das canles e desbordamentos locais, segundo advertiu a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, que mantén activado o Plan Especial ante o risco de inundacións en Galicia (Inungal) en fase de preemerxencia.

O aviso chega nun contexto de intensas precipitacións e fortes ventos asociados á borrasca de grande impacto ‘Claudia’, que dende onte afecta á franxa atlántica galega. A AEMET prevé acumulacións de ata 80 milímetros en 12 horas e refachos de vento que poderán superar os 80 km/h, especialmente nas zonas costeiras e do suroeste da provincia da Coruña.

Como medida preventiva, o Concello de Ames xa decidira onte suspender todas as actividades deportivas ao aire libre en instalacións municipais. As autoridades locais reiteraron o chamamento á prudencia e lembran que, ante calquera incidencia relacionada co temporal, a veciñanza pode contactar coa Policía Local de Ames (619 767 575) ou coa Agrupación de Protección Civil (673 178 888).

A situación está a ser monitorizada de forma continua polos servizos de emerxencias, mentres se manteñen os avisos meteorolóxicos de nivel laranxa por choiva e amarelo por vento en boa parte de Galicia. O Concello mantén a súa comunicación activa a través das redes sociais e canles oficiais, co obxectivo de informar a cidadanía sobre a evolución do temporal e posibles novas medidas preventivas.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

O Concello de Ames garda un minuto de silencio polas vítimas do accidente de Adamuz

O Concello de Ames sumouse este luns á convocatoria impulsada pola Federación Española de...

Ames investiu máis de 393.000 euros na mellora das redes de auga, saneamento e drenaxe ao longo de 2025

O Concello de Ames, a través da súa entidade pública Augas de Ames EPEL,...

UCIN critica a xestión municipal en Ames e reclama explicacións polo uso de contratos menores

A formación política UCIN Galicia fixo pública este mércores unha valoración crítica sobre a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here