InicioSANTIAGOAMESO Milladoiro acollerá unha charla sobre a doazón de medula en colaboración...

O Milladoiro acollerá unha charla sobre a doazón de medula en colaboración con Asotrame para promover a solidariedade e combater os bulos

A actividade, organizada por Asotrame co apoio do Concello de Ames, forma parte do programa ‘Sensibilización e solidariedade’ e incluirá tamén sesións nos centros educativos da localidade

Publicado o

Xornal de Compostela

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acollerá o xoves 6 de novembro, ás 19:30, a charla ‘Como salvar unha vida’, unha iniciativa da Asociación Galega de Afectados por Transplantes Medulares e Enfermidades Oncohematolóxicas (Asotrame) coa colaboración do Concello de Ames. A sesión busca informar sobre o cancro hematolóxico e fomentar a doazón de medula ósea, ademais de desmontar os mitos e falsas crenzas arredor deste proceso.

Durante o encontro intervirá Alba García, traballadora social da entidade, quen explicará en que consisten as doenzas hematolóxicas como as leucemias ou linfomas, así como o impacto que teñen no ámbito persoal e familiar. Ademais, un expaciente transplantado de medula compartirá a súa experiencia para visibilizar a importancia deste xesto solidario, que pode salvar vidas cando outros tratamentos non funcionan.

A charla enmárcase no programa ‘Sensibilización e solidariedade’, financiado polo Concello de Ames a través das axudas municipais a entidades sociais sen ánimo de lucro. O ciclo incluirá outras accións divulgativas en centros educativos, co obxectivo de concienciar á mocidade, xa que é posible rexistrarse como doante de medula entre os 18 e os 40 anos.

Así, o venres 7 de novembro realizarase unha sesión co alumnado de 5º de primaria do CEIP Agro do Muíño, mentres que o martes 11 de novembro será a quenda dos estudantes de 3º da ESO do IES do Milladoiro. A través destas actividades, Asotrame e o Concello buscan promover a empatía, o coñecemento científico e a solidariedade interxeracional, abrindo espazos de diálogo sobre a saúde e o apoio comunitario.

ÚLTIMAS

Un grupo de corredores completan 51 km entre Melide e Santiago para visibilizar o rexeitamento social a Altri e á mina de Touro-O Pino

Un grupo de 14 corredores de montaña percorreu este domingo os 51 quilómetros que...

Muíños advirte de que a crise dos bombeiros esixe decisións políticas inmediatas

O portavoz das edilas non adscritas no Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, elevou este...

A Policía Nacional investiga a morte dunha muller ao caerlle enriba unha neveira no seu domicilio en Santiago

A Policía Nacional abriu unha investigación para aclarar as circunstancias da morte dunha muller...

Os Bombeiros volven alertar da situación: Santiago respondeu con 9 bombeiros ao que Toledo afrontou con 20

A situación do servizo municipal de bombeiros volveu ao centro do debate en Santiago...

Ames acende o Nadal cun acto participativo e homenaxe ao comercio local

A praza do Concello de Bertamiráns converteuse esta tarde no punto de encontro da...

Evacúan un home tras envorcar co seu vehículo en Ames

Un home tivo que ser evacuado tras envorcar co seu vehículo cerca do vello...

Ames impulsa unha nova edición de ‘Ilumina o teu sorriso’ para promover o comercio local

A Casa do Concello de Bertamiráns acolleu esta mañá a presentación dunha nova edición...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here