InicioSANTIAGOAMESO Concello de Ames abre unha nova área de aparcadoiro con 300...

O Concello de Ames abre unha nova área de aparcadoiro con 300 prazas no Milladoiro

Un dos dous novos terreos da rúa Castelao xa está operativo, mentres que o segundo abrirá nos próximos días; o goberno local prevé novas actuacións para ampliar o estacionamento no núcleo urbano

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Obras e Servizos Básicos, vén de habilitar dúas novas parcelas de aparcadoiro público na rúa Castelao, no Milladoiro, cunha capacidade conxunta duns 300 vehículos. Unha delas entrou en funcionamento este martes, 14 de outubro, mentres que a segunda abrirá nos próximos días.

As novas áreas de estacionamento sitúanse nunha zona próxima á avenida de Rosalía de Castro e supoñen unha mellora significativa da oferta de prazas nesta localidade. Os traballos de acondicionamento consistiron na limpeza e achandamento do terreo, na reparación das fochancas e na colocación dunha capa de grava. Ao tratarse de parcelas privadas, o firme non pode ser asfaltado, mais o Concello dispón dunha cesión temporal grazas aos acordos asinados cos seus propietarios.

O concelleiro Gustavo Nieto destacou que “esta nova área de aparcadoiro dará servizo a un gran número de veciños e veciñas do Milladoiro” e subliñou que o goberno local continúa “traballando para abrir novos espazos de estacionamento nesta localidade”.

Con esta actuación, o Milladoiro suma xa máis de 300 novas prazas habilitadas nos últimos anos no parque empresarial, ademais das zonas de estacionamento próximas ao centro comercial Supercor, á Casa da Cultura e á Travesía do Porto.

O Concello de Ames tamén reforzou nos últimos meses a capacidade de aparcamento en Bertamiráns, coa apertura de tres novos espazos públicos situados na Travesía da Peregrina, na rúa do Cómaro —en fronte ao centro deportivo da Telleira— e na Travesía do Pedregal, preto do centro de saúde. En conxunto, estas áreas suman outras 300 prazas dispoñibles para a veciñanza.

ÚLTIMAS

Un grupo de corredores completan 51 km entre Melide e Santiago para visibilizar o rexeitamento social a Altri e á mina de Touro-O Pino

Un grupo de 14 corredores de montaña percorreu este domingo os 51 quilómetros que...

Muíños advirte de que a crise dos bombeiros esixe decisións políticas inmediatas

O portavoz das edilas non adscritas no Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, elevou este...

A Policía Nacional investiga a morte dunha muller ao caerlle enriba unha neveira no seu domicilio en Santiago

A Policía Nacional abriu unha investigación para aclarar as circunstancias da morte dunha muller...

Os Bombeiros volven alertar da situación: Santiago respondeu con 9 bombeiros ao que Toledo afrontou con 20

A situación do servizo municipal de bombeiros volveu ao centro do debate en Santiago...

Ames acende o Nadal cun acto participativo e homenaxe ao comercio local

A praza do Concello de Bertamiráns converteuse esta tarde no punto de encontro da...

Evacúan un home tras envorcar co seu vehículo en Ames

Un home tivo que ser evacuado tras envorcar co seu vehículo cerca do vello...

Ames impulsa unha nova edición de ‘Ilumina o teu sorriso’ para promover o comercio local

A Casa do Concello de Bertamiráns acolleu esta mañá a presentación dunha nova edición...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here