InicioSANTIAGOAMESA Xunta licita o proxecto para construír 78 vivendas públicas en Ames

A Xunta licita o proxecto para construír 78 vivendas públicas en Ames

O investimento supera os 14,8 millóns e execútase sobre unha parcela municipal cedida de balde na rúa Agriños

Publicado o

Xornal de Compostela

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vén de dar un novo paso na ampliación do parque público residencial en Ames coa licitación da redacción do proxecto e dirección de obra para 78 vivendas de promoción pública, que se levantarán nunha parcela da rúa Agriños, cedida polo propio Concello.

O anuncio foi publicado na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia, cun orzamento de máis de 660.000 euros para a redacción do proxecto básico e de execución, así como para os traballos de dirección facultativa durante a obra. As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 5 de setembro, e disporán dun prazo de cinco meses para elaborar a documentación técnica requirida.

A actuación será promovida pola Sociedade Pública de Vivenda de Galicia (Vipugal), dependente da Xunta, e contará cun investimento previsto na execución que supera os 14,8 millóns de euros. As vivendas estarán acompañadas de garaxes e trasteiros, distribuídos nunha parcela de 1.725 metros cadrados situada na zona urbana de Ames.

Este proxecto enmárcase na estratexia da Xunta para incrementar a oferta de vivenda protexida nos concellos cunha maior presión residencial, como é o caso de Ames, que forma parte da área metropolitana de Santiago. Segundo informou o Executivo autonómico, o obxectivo é acadar un total de 218 vivendas públicas no municipio, sumando estas 78 unidades ás 140 xa previstas en Galdrachán.

O Concello de Ames cedeu gratuitamente o terreo onde se desenvolverá a nova promoción, nun contexto no que a demanda de vivenda protexida segue a medrar en toda a contorna de Compostela. A colaboración entre administracións busca dar resposta ás dificultades de acceso á vivenda, especialmente entre a poboación máis nova e os fogares con rendas baixas ou medias.

ÚLTIMAS

Os incendios tamén se notan no Camiño de Santiago: cinza, fume e dificultades para respirar

Fume, cinzas que caen do ceo, tramos cortados e preocupación pola volta a casa...

Detido un menor acusado de causar varios incendios en Compostela

Un menor foi detido en Santiago de Compostela acusado de provocar varios incendios na...

O Milladoiro acolle este xoves a segunda andaina do programa ‘Camiñando no solpor’

O Concello de Ames, a través da súa Concellaría de Deportes e Promoción da...

A alcaldesa pide á Xunta reforzar a prevención ante os incendios

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, apelou hoxe á importancia de poñer o foco...

O Milladoiro acolle este xoves a segunda andaina do programa ‘Camiñando no solpor’

O Concello de Ames, a través da súa Concellaría de Deportes e Promoción da...

Ames activa unha recollida de material para os lumes e chama á colaboración veciñal

O Concello de Ames realizou un chamamento á colaboración e solidariedade da veciñanza para apoiar...

Ronald Rojas pecha as Festas da Peregrina cun pregón dedicado á integración da inmigración en Ames

O peche das Festas da Peregrina en Bertamiráns tivo como protagonista a inmigración, un...