InicioSANTIAGOAMESAlba Mourelle imponse en todas as categorías do Baila con Ames 2025

Alba Mourelle imponse en todas as categorías do Baila con Ames 2025

A segunda edición do concurso reuniu a preto de 80 artistas no auditorio de Bertamiráns, con premios de ata 1.500 euros por categoría

Publicado o

Xornal de Compostela

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu o pasado venres 18 de xullo a segunda edición do certame Baila con Ames, un evento que reuniu a 77 artistas procedentes de diversos puntos de Galicia como Santiago, Ames, A Coruña, Lugo, Ferrol, Cee e Zas. A cita, promovida polo Concello de Ames coa colaboración da Asociación de Empresarios Novo Milladoiro e a Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), repartiu un total de 3.900 euros en premios en metálico e seis vales de 100 euros para gastar no comercio local.

O concurso contou con tres modalidades: categoría individual, dúos ou tríos (novidade desta edición) e grupos de 4 a 12 persoas. Nesta ocasión, só se permitiu a inscrición dunha proposta por persoa e non se fixeron distincións por idade ou nivel técnico.

A gran triunfadora da xornada foi Alba Mourelle Costa, quen logrou o primeiro posto na categoría individual e participou tamén nos grupos e parellas gañadoras. Na categoría individual, completaron o podio Raúl Romero Sendón e Serena Díaz Toba, mentres que os premios especiais foron para Rosa Rojo Oróns (XEA) e Paula Núñez Carballeira (Novo Milladoiro).

Na modalidade de parellas ou tríos, os gañadores foron Andrés Parga González e Soraya Santos Sánchez, seguidos de novo por Raúl Romero e Serena Díaz, e na terceira posición por Noa Carpente e Alessa Valeria Cancelo. Tamén se recoñeceu o traballo de Alba Mourelle e Ashley Sánchez Santamaría (premio especial XEA) e Noelia Trigo Martínez con Sun Yeong Sim (premio especial Novo Milladoiro).

No apartado de grupos, o primeiro premio foi para unha formación integrada por Laura Marcote, Andrés Parga, Alba Mourelle, Soraya Santos, Naiara Carreira e Miriam Gómez, que representaban ao grupo Arte e Movemento, de Cee. O segundo posto ocupouno un grupo composto por doce integrantes, incluíndo novamente a Serena Díaz e Raúl Romero, e o terceiro foi para un elenco diverso con nomes como Giuciana Orecha, Elsa Desdos e Sofía Carracedo. Os premios especiais foron para dúas agrupacións formadas por alumnado novo, destacando nomes como Daniela Pol, Emma Beiras ou Andrea Otero.

Os importes económicos variaron segundo a categoría: en individual repartíronse 800 euros (500 para o primeiro posto); en dúos e tríos, 1.300 euros (1.000 para o primeiro premio); e en grupos, 1.800 euros, con 1.500 euros para o primeiro posto. Cada primeiro premio levou ademais unha cesta saudable con produtos locais e a gravación dun vídeo-resumo do evento. Como novidade, os gañadores de cada categoría actuarán como convidados nas Prebadaladas de Ames 2025.

O xurado estivo formado por Daniela Filloy, Magaly Balsa e Dora Iglesias, profesionais vencelladas á danza moderna, os bailes latinos e o ballet. A súa valoración permitiu poñer en valor a calidade artística e a diversidade das propostas presentadas, que convirtiron a Casa da Cultura de Bertamiráns nun escenario de expresión, técnica e movemento.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

María Rozas clausura o obradoiro de emprego Genius e presenta a app ‘Inxenius’

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou...

Ames avanza na dixitalización do ciclo da auga coa execución do proxecto ‘Ames Dixital Water’

O Concello de Ames continúa avanzando na execución do proxecto estratéxico ‘Ames Dixital Water’,...

Ames avanza na dixitalización do ciclo da auga coa execución do proxecto ‘Ames Dixital Water’

O Concello de Ames continúa avanzando na execución do proxecto estratéxico ‘Ames Dixital Water’,...

O Concello de Ames garda un minuto de silencio polas vítimas do accidente de Adamuz

O Concello de Ames sumouse este luns á convocatoria impulsada pola Federación Española de...

Ames investiu máis de 393.000 euros na mellora das redes de auga, saneamento e drenaxe ao longo de 2025

O Concello de Ames, a través da súa entidade pública Augas de Ames EPEL,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here