InicioSANTIAGOAMESBlas García pide a Sánchez que convoque eleccións xerais para poñer fin...

Blas García pide a Sánchez que convoque eleccións xerais para poñer fin a unha “situación política irrespirable”

O alcalde de Ames súmase ás voces do PSOE que reclaman un adianto electoral para despexar o panorama político estatal

Publicado o

Xornal de Compostela

O alcalde socialista de Ames, Blas García, manifestou publicamente o seu apoio a un adianto das eleccións xerais en España, reclamando ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que convoque comicios antes do remate de 2025. A través dunha mensaxe publicada no seu perfil oficial da rede social X (antes Twitter), o rexedor amesán xustificou esta petición pola “situación política irrespirable” derivada dos recentes casos de corrupción que afectan á esfera estatal.

“Non son sospeitoso de non apoiar a Pedro Sánchez, pero teño claro que antes do termo de 2025 hai que celebrar as xerais”, expresou García, quen considera que o presidente debe “porlle fin a esta lea”. Na mesma mensaxe, o alcalde advirte da necesidade de separar o calendario das eleccións xerais do das municipais e autonómicas, que terán lugar tamén o próximo ano, ao entender que esa acumulación de procesos pode xerar distorsións na vontade electoral.

A publicación foi acompañada dunha ligazón a unha información publicada polo xornal El País, titulada ‘Crece la presión en el PSOE para que Sánchez adelante las elecciones generales’, o que sitúa a declaración de García nun contexto de crecente tensión interna no partido socialista a nivel estatal. A súa postura, aínda que matizada polo seu apoio previo a Sánchez, supón un posicionamento pouco habitual entre cargos socialistas galegos, especialmente nun municipio da área compostelá como Ames, tradicionalmente vencellado ao PSOE e cun goberno local sólido.

ÚLTIMAS

Santiago celebra 40 anos como Patrimonio da Humanidade e redefine os seus retos de futuro

Santiago de Compostela celebrou este venres o 40º aniversario da súa declaración como Patrimonio...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Ames acende o Nadal cun acto participativo e homenaxe ao comercio local

A praza do Concello de Bertamiráns converteuse esta tarde no punto de encontro da...

Evacúan un home tras envorcar co seu vehículo en Ames

Un home tivo que ser evacuado tras envorcar co seu vehículo cerca do vello...

Ames impulsa unha nova edición de ‘Ilumina o teu sorriso’ para promover o comercio local

A Casa do Concello de Bertamiráns acolleu esta mañá a presentación dunha nova edición...