InicioSANTIAGOAMESAmes analiza o futuro das comunidades enerxéticas nunha xornada aberta o 4...

Ames analiza o futuro das comunidades enerxéticas nunha xornada aberta o 4 de xuño

O encontro estrutúrase en tres bloques sobre aspectos legais, experiencias locais e axudas públicas

Publicado o

Xornal de Compostela

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, en Ames, converterase o vindeiro mércores, 4 de xuño, nun espazo de análise e reflexión sobre as comunidades enerxéticas, coa celebración dunha xornada aberta organizada pola Oficina de Transformación Comunitaria (OTC) deste concello. A actividade está dirixida tanto a profesionais como a cidadanía interesada, e contará coa presenza de representantes da Deputación da Coruña, do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), da FEGAMP, do IDAE e de diversas entidades locais e académicas.

A xornada comezará ás 9.30 horas coa recepción institucional, a cargo do presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e do alcalde de Ames, Blas García. A continuación desenvolveranse tres bloques temáticos que abordarán desde os retos xurídicos ata as posibilidades de financiamento das comunidades enerxéticas.

O primeiro bloque, que se desenvolverá entre as 10.00 e as 11.00 horas, estará centrado nas implicacións legais da constitución destas comunidades. Moderado por Hugo Sánchez, responsable da área xurídica da OTC de Ames, contará coa participación de Marcial Rodríguez Toajas (interventor da Deputación da Coruña), Adrián J. Márquez Caramés (secretario do Concello de Betanzos) e Carlos Amoedo Souto, catedrático de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña.

O segundo bloque, titulado Ames en transición, desenvolverase entre as 11:30 e as 13:00 horas. Presentará a experiencia da OTC de Ames, unha das cinco oficinas galegas que conseguiron financiamento estatal do IDAE. A mesa estará moderada por Iván Andrade, director técnico de Energal e da propia OTC. Intervirán o concelleiro de Medio Rural, Javier Antelo Seoane, así como representantes de comunidades enerxéticas xa en funcionamento, como Xerando (Ernesto Ares Yáñez), Arousa en Transición (Ramón Rodríguez Rodríguez) e Buchabade (Antonio Fernando Malvar Cortizo).

Finalmente, o terceiro bloque, previsto entre as 13.00 e as 14.00 horas, abordará o papel das administracións públicas no impulso deste modelo. Moderará o xornalista Pedro Tasende Cancela e participarán Javier Domínguez González, director de Enerxía do INEGA, María Lamela, técnica de Fondos Europeos da FEGAMP, e un representante do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE).

A xornada enmárcase nas actividades de difusión e acompañamento da OTC de Ames, unha oficina con presenza física e virtual, que asesora tanto á veciñanza como a colectivos interesados en poñer en marcha proxectos colectivos de produción e consumo enerxético renovable.

As persoas interesadas en asistir deben realizar inscrición previa, dispoñible a través da web municipal.

ÚLTIMAS

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Os Bonos Corazón mobilizan preto de dous millóns de euros no comercio local de Santiago en 2025

O programa municipal Bonos Corazón pechou o ano cun balance que, segundo destacou a concelleira...

Ames acende o Nadal cun acto participativo e homenaxe ao comercio local

A praza do Concello de Bertamiráns converteuse esta tarde no punto de encontro da...

Evacúan un home tras envorcar co seu vehículo en Ames

Un home tivo que ser evacuado tras envorcar co seu vehículo cerca do vello...

Ames impulsa unha nova edición de ‘Ilumina o teu sorriso’ para promover o comercio local

A Casa do Concello de Bertamiráns acolleu esta mañá a presentación dunha nova edición...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here