InicioSANTIAGOAMESAmes constitúe a asociación CE Ames Solar para impulsar comunidades enerxéticas locais

Ames constitúe a asociación CE Ames Solar para impulsar comunidades enerxéticas locais

A nova entidade sen ánimo de lucro busca democratizar o acceso á enerxía renovable e xa traballa en seis proxectos municipais para instalar paneis solares

Publicado o

Xornal de Compostela

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu onte a asemblea fundacional da asociación CE Ames Solar, a entidade xurídica sen ánimo de lucro que artellará o desenvolvemento das comunidades enerxéticas locais no concello de Ames. Con 18 persoas socias fundadoras e unha xunta directiva plural, representativa de parroquias como Trasmonte, Tapia, Biduído ou Ames, a nova entidade pon en marcha un modelo que busca implicar á cidadanía na xeración e consumo colectivo de enerxía renovable.

A constitución da asociación é froito dun proceso iniciado en 2022 tras unha visita institucional a Bruxelas, onde o alcalde Blas García se reuniu co eurodeputado Nicolás González Casares, especialista en políticas enerxéticas. Daquela xuntanza naceu a folla de ruta que derivou na creación, en 2024, da Oficina de Transformación Comunitaria de Ames, impulsada con fondos europeos Next Generation, a Deputación da Coruña e o propio Concello.

Durante os últimos meses, o equipo técnico desenvolveu un diagnóstico enerxético municipal que permitiu identificar espazos municipais cun alto potencial para a instalación de sistemas fotovoltaicos. Segundo explicou o concelleiro de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, Javier Antelo, están en marcha seis proxectos para colocar paneis solares en localizacións como a ETAP de Lens, o cemiterio dos Batáns, a Casa da Cultura do Milladoiro, a escola de música en Aldea Nova e os parques infantís de Ortoño e Piñeiro.

A convocatoria da asemblea contou coa participación de asociacións veciñais e culturais, coa intención de estender a información e a implicación veciñal. Durante a sesión presentáronse os estatutos, o plan de acción e as canles de participación para aquelas persoas ou entidades interesadas en formar parte da comunidade enerxética.

A asociación CE Ames Solar intégrase nun modelo de produción e consumo sostible que xa está a dar resultados noutros concellos galegos como Xermade, Ponte Caldelas ou A Illa de Arousa. Estes exemplos serviron de inspiración e demostración dos beneficios económicos, ambientais e sociais das comunidades enerxéticas.

O proxecto aposta por fomentar a autonomía enerxética local, a creación de emprego verde, a redución da dependencia das grandes eléctricas e a loita contra o cambio climático. A filosofía destas comunidades baséase en que as persoas participantes poidan producir, compartir e consumir a súa propia enerxía limpa, xerando aforro económico e un impacto positivo sobre o territorio.

Dende o Concello sinalan que CE Ames Solar será unha plataforma aberta e participativa, á que se poden incorporar novas persoas e colectivos. O obxectivo é que a transición enerxética se faga desde abaixo, con protagonismo cidadán e atendendo ás necesidades e potencialidades de cada parroquia.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Ames estrea o documental ‘8M A Voces’ no acto central do Día Internacional da Muller

O Concello de Ames celebrou este sábado o acto central de conmemoración do 8...

Ames organiza o espectáculo ‘Garavanciña’ de Migallas Teatro dentro da programación do programa Apego

O programa Apego continúa a desenvolver a súa programación de actividades para o primeiro...

UCIN insta a PP e BNG a promover unha moción de censura no Concello de Ames

O coordinador de José Luis Calo, representante de UCIN, fixo pública a súa petición...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here