InicioSANTIAGOAMESA Escola Municipal de Música de Ames organiza un obradoiro de batucada...

A Escola Municipal de Música de Ames organiza un obradoiro de batucada polo seu 20º aniversario

A actividade desenvolverase os días 15, 22 e 29 de marzo, con prazas limitadas e preferencia para o alumnado maior de 8 anos

Publicado o

Xornal de Compostela

A Escola Municipal de Música de Ames continúa coas actividades conmemorativas do seu 20º aniversario, nesta ocasión coa organización dun obradoiro de batucada que terá lugar os días 15, 22 e 29 de marzo, en horario de 11.00 a 13.00 horas. O obradoiro será impartido pola Asociación Cultural Trópico de Grelos e permitirá aos participantes aprender os instrumentos de percusión desta modalidade musical nun ambiente divertido e dinámico.

O obradoiro conta con 25 prazas dispoñibles e terá preferencia o alumnado da Escola de Música maior de 8 anos. No caso de que quedasen prazas vacantes, a participación abrirase ao público xeral. Para inscribirse é preciso enviar a ficha de inscrición cuberta ao correo electrónico escolademusica@concellodeames.gal.

A actividade require asistencia ás tres xornadas, xa que o 29 de marzo pola tarde está prevista unha saída polas rúas de Bertamiráns para mostrar ao público o aprendido durante as sesións formativas. A iniciativa forma parte do compromiso da Escola de Música de Ames por fomentar a participación cultural e musical na comunidade.

ÚLTIMAS

María José López Couso aborda no Pazo de Raxoi a colaboración entre a USC e o Concello de Santiago

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela, María José López Couso,...

Joaquín Goris amplía o seu contrato co Compos ata 2027

A SD Compostela anunciou a renovación de Joaquís Goris Abelenda por unha tempada máis,...

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

Ames avanza na dixitalización do ciclo da auga coa execución do proxecto ‘Ames Dixital Water’

O Concello de Ames continúa avanzando na execución do proxecto estratéxico ‘Ames Dixital Water’,...

O Concello de Ames garda un minuto de silencio polas vítimas do accidente de Adamuz

O Concello de Ames sumouse este luns á convocatoria impulsada pola Federación Española de...

Ames investiu máis de 393.000 euros na mellora das redes de auga, saneamento e drenaxe ao longo de 2025

O Concello de Ames, a través da súa entidade pública Augas de Ames EPEL,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here