InicioSANTIAGOAMESO alcalde de Ames reclama unha visita do conselleiro de Sanidade ao...

O alcalde de Ames reclama unha visita do conselleiro de Sanidade ao centro de saúde de Bertamiráns

Blas García solicita cumprir o acordo de outubro e trazar un plan de mellora das instalacións e servizos sanitarios

Publicado o

Xornal de Compostela

O alcalde de Ames, Blas García, remitiu unha carta ao conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, para instalo a realizar unha visita ao centro de saúde de Bertamiráns. O obxectivo é que poida comprobar de primeira man as condicións nas que traballa o persoal sanitario e a atención que reciben os veciños de Ames e dos municipios da contorna. O rexedor considera prioritario establecer un plan de mellora e ampliación das instalacións e do servizo de atención primaria.

Na misiva, Blas García recorda que en outubro xa trasladou á Consellería os principais problemas do centro: listas de espera superiores aos dez días, insuficiencia de persoal médico e de enfermería, ausencia de responsable de coordinación, espazos reducidos e falta de accesibilidade. Ademais, denuncia que o mobiliario non cumpre a normativa de prevención de riscos e que o edificio, con case 40 anos de antigüedade, apenas recibiu investimentos desde a súa apertura.

Outra das preocupacións expostas é a situación do Punto de Atención Continuada (PAC), que enfronta problemas similares ao centro de saúde e carece de espazos adecuados para o persoal. O alcalde tamén denuncia que a recente derivación dos pacientes pediátricos de Negreira a Bertamiráns provocou un colapso no servizo de pediatría, que xa contaba con prazas sen cubrir.

García subliña que tanto o conselleiro como o xerente da Área Sanitaria, Ángel Facio, estaban informados desta situación e comprometeron unha visita ao centro. Porén, segundo afirma, a visita foi anulada en varias ocasións sen nova data prevista. “É inadmisible esta deixadez e abandono das funcións nun centro que atende a 18.000 usuarios, con instalacións obsoletas e deficiencias estruturais notorias”, expresou o alcalde.

Por derradeiro, o Concello de Ames reitera a súa disposición a ceder terreos anexos para a ampliación do centro de saúde. Segundo afirma Blas García, a Consellería descartou ata o de agora esta opción, malia ser unha solución urxente e necesaria para garantir unha atención sanitaria adecuada.

ÚLTIMAS

Un grupo de corredores completan 51 km entre Melide e Santiago para visibilizar o rexeitamento social a Altri e á mina de Touro-O Pino

Un grupo de 14 corredores de montaña percorreu este domingo os 51 quilómetros que...

Muíños advirte de que a crise dos bombeiros esixe decisións políticas inmediatas

O portavoz das edilas non adscritas no Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, elevou este...

A Policía Nacional investiga a morte dunha muller ao caerlle enriba unha neveira no seu domicilio en Santiago

A Policía Nacional abriu unha investigación para aclarar as circunstancias da morte dunha muller...

Os Bombeiros volven alertar da situación: Santiago respondeu con 9 bombeiros ao que Toledo afrontou con 20

A situación do servizo municipal de bombeiros volveu ao centro do debate en Santiago...

Ames acende o Nadal cun acto participativo e homenaxe ao comercio local

A praza do Concello de Bertamiráns converteuse esta tarde no punto de encontro da...

Evacúan un home tras envorcar co seu vehículo en Ames

Un home tivo que ser evacuado tras envorcar co seu vehículo cerca do vello...

Ames impulsa unha nova edición de ‘Ilumina o teu sorriso’ para promover o comercio local

A Casa do Concello de Bertamiráns acolleu esta mañá a presentación dunha nova edición...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here