InicioSANTIAGOAMESO Concello de Ames aproba a Oferta de Emprego Público para 2024...

O Concello de Ames aproba a Oferta de Emprego Público para 2024 con 15 prazas dispoñibles

A oferta inclúe prazas de nova incorporación e de promoción interna para reforzar o persoal municipal

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta de Goberno Local de Ames aprobou o pasado xoves, 31 de outubro, a Oferta de Emprego Público (OEP) 2024, que inclúe un total de 15 prazas para cubrir vacantes na plantilla municipal. A proposta, que deberá publicarse no Boletín Oficial da Provincia (BOP), contempla 13 prazas para a quenda libre e 2 para promoción interna, así como postos destinados a persoas con discapacidade, segundo o orzamento deste ano.

Entre as prazas ofertadas para a quenda libre, hai 6 postos de persoal laboral e 9 de persoal funcionario. Estas inclúen 1 praza de peón de limpeza viaria, 5 de auxiliar administrativo/a, 1 de administrativo/a, 1 de policía local, 1 de arquitecto/a técnico e 4 prazas de profesorado en disciplinas musicais (percusión/batería, violín, frauta e saxofón).

En canto á promoción interna, a oferta inclúe dúas prazas: unha de administrativo/a e outra de conserxe de centro de ensino.

O concelleiro de Administración Xeral, Víctor Fernández, explicou que esta oferta “recolle as prazas vacantes que están consignadas nos Orzamentos de 2024, permitindo así reforzar as áreas necesarias e dar cabida á promoción interna e á quenda de discapacidade”.

ÚLTIMAS

Decenas de persoas arroupan a Leonor ao recibir a Medalla de Galicia

A princesa de Asturias, Leonor de Borbón, recibiu este luns a Medalla de Galicia...

Caída estrepitosa de pasaxeiros en Lavacolla: perde máis de 200.000 no primeiro semestre do ano

O aeroporto de Santiago rexistrou unha perda de máis de 200.000 pasaxeiros (-13,5 %)...

Cine ao aire libre na Alameda: unha semana de lembranzas, comunidade e mocidade baixo as estrelas

Baixo as estrelas de Compostela, e agradecidos por unha noite sen choiva, moitísimas persoas,...

A illa de compostaxe do CIFP de Compostela culmina con éxito a súa primeira fase de funcionamento

A illa de compostaxe do Centro Integrado de Formación Profesional de Compostela xa tratou...

O Concello de Ames celebra o Día do Orgullo LGBTIQ+ cun acto institucional, actividades e premio fotográfico

O Concello de Ames sumouse este sábado á celebración do Día Internacional do Orgullo...

Ames colabora na III Cea Solidaria para mellorar a atención pediátrica do CHUS

O Concello de Ames reafirmou o seu compromiso coa solidariedade e a sanidade pública...

Ames aproba de forma inicial a ordenanza para instaurar as cerimonias de ‘Benvida Social’

O Concello de Ames aprobou de forma inicial, na sesión plenaria deste xoves, a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here